"publicado en praza pública"
Compre non esquencer que, xa hai tempo, Alberto Núñez Feijoo foi tamén funcionario e mesmo sindicalista.
No sétimo día de folga e logo de 2.000 xuízos e milleiros de procedementos aprazados, persoal da Administración de Xustiza manifestouse nas sete cidades galegas á espera dunha nova oferta da Xunta. Tras o fracaso da última reunión entre o Goberno galego e os representantes dos traballadores, o conflito mantense "estancado". Os funcionarios cualifican de "ridícula" a última proposta e lembran que o Executivo "non se moveu nada" na resolución da "discriminación" que din sufrir, entre outros ámbitos, á hora de coller baixas non hospitalarias. "Estamos agardando a súa chamada", insisten.