Chova ou vente, non nos deixas: só queremos que nos convoques (todos o saben menos ti, conselleiro)

14 de marzo de 2018

"entrevista a M.A.Cadenas - presidente do TSXG en galicia confidencial"

O presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadeas, nunha entrevista
Pte TSXG - M.A. Cadenas-

Preguntado acerca de se a Xunta debería xa empezar a preparar un plan de actuación para cando se solucione o conflito, contestou que non será ata que termine a folga cando, "órgano por órgano", tocará "facer unha análise e establecer un plan de futuro" con medidas para afrontar as consecuencias da folga.

A "única mensaxe" que, ao seu xuízo, concluíu, se pode "enviar" hoxe ás partes é "que negocien, que senten a negociar, a pactar".