"
publicado en praza pública"
Os representantes sindicais do funcionariado de Xustiza en Galicia e os da Xunta manteñen este luns unha nova reunión coa que intentan rematar co conflito que suma o seu 41º día de folga e afronta a sétima semana de paro, con máis de 15.000 xuízos suspendidos e milleiros de trámites adiados.
Desta vez, o Goberno mudou o formato habitual nas últimas xuntanzas e propuxo intentar chegar a un acordo en catro dos cinco puntos que reclama o persoal, á marxe das reivindicacións de incremento salarial no complemento autonómico transitorio, que quedaría para o último momento.
Houbo importantes avances á espera dun pacto na cuestión salarial que puxera o ramo ás conversas. Pero o Goberno deu por rotas as negociacións logo de incrementar un chisco a súa oferta. A folga, agás sorpresa, continúa.
Etiquetas:
#7F
,
#FolgaXustiza