CATRO TONTOS ÚTILES
Na xerga policial, idiota útil ou imbécil útil, é aquel que sen querer, é usado por outra persoa para alcanzar un fin. Este termo podería ser usado na folga da xustiza galega, onde o partido máis corrupto de Europa, o Partido Popular, usou a catro dos chamados sindicatos mansos CSIF, UGT, CCOO e USO, para acadar o seu fin, terminar unha folga que ata a data, os traballadores e traballadores da xustiza galega levaron con orgullo e dignidade.
Os chamados "vendidos" por gran parte dos traballadores utilizaron esta folga e ós seus traballadores para obter un acordo que non satisface os esforzos e os malos momentos vividos por un grupo de traballadores que sufriron o abuso e a prepotencia do partido popular e os seus medios de comunicación afins.
Este acordo nin alivia nin palia os malos momentos sofridos por un colectivo, sempre iñorado, nos medios materiais, nos medios laborais e agora tamén nos medios persoais.
Vendéronnos, os nosos irmáns, as persoas que deberían loitar por nós e polos nosos dereitos.
Espero que estas bágoas de rabia que agora corren polas miñas meixelas se tornen en bágoas de orgullo no futuro.
Orgullo para todas e todos os traballadores que secundamos esta folga, orgullo pola solidariedade que demostramos, orgullo polo compromiso cos nosos iguais, orgullo por demostrar amplamente a forza da nosa reclamación.
Desgrazadamente, os tontos útiles non o entenderon así.
Agradezo a todas e todos o esforzo destes 79 días de folga.
Lamento que isto non terminase de forma máis digna para tod@s.
O que teño claro é que vos non fallastedes nesto.
Pidovos perdón por non poder acadar un acordo mellor que todos e todas ven o tiñades merecido.
Unha aperta a tod@s.
DIGNIDADE E RESISTENCIA ✊🏽
JOSÉ ANTONIO GARCÍA - SOCIAL 3 LUGO E DELEGADO SINDICAL DE CIG
Hoxe pola mañá chegabamos con ilusión a unha nova reunión… polo camiño un funcionario da Xunta, ao ver as nosas camisetas, díxonos que estaba orgulloso de nós e da coraxe que tiñamos aguantando unha folga histórica.