Amosando publicacións coa etiqueta #vendidos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #vendidos. Amosar todas as publicacións

Fin a unha discriminación flagrante! Traxectoria para tod@s

29 de outubro de 2021

Logo de  máis de 2 anos de discriminación e tras a sinatura dun acordo ás costas dos traballadores que estivemos 3 meses en folga o TSXG deixa en evidencia aos Sindicatos SPJ-USO, UGT e CCOO. 

O TSXG ven de ditar a primeira das sentenzas pola que se recoñece, como defendía AXG-CUT na súa demanda, o dereito dos funcionarios interinos a cobrar a traxectoria profesional extraordinaria igual que os funcionarios titulares. 

Agora confiamos en que o TSXG tamén confirme a demanda presentada por AXG-CUT que permita que os Xestores e Médicos Forenses cobren nos mesmos prazos que os tramitadores e auxilios.

Rosa Lía cóntache as verdades da carreira profesional

8 de outubro de 2020

 Rosa Lía fai unha análise da carreira profesioal na administración de xustiza de Galiza. Entérate ben!



Traxectoria Profesional: a discriminación e o fin da equipación salarial

6 de outubro de 2020

Logo da publicación no día de onte no DOG do acordo acadado entre a Dirección Xeral de Xustiza e as organizacións sindicais que din "defender os dereitos dos traballadores", confirmáronse os nosos peores augurios no relativo á discriminación que supón para parte dos traballadores e como quedan expulsados os funcionarios interinos da traxectoria profesional. Todo isto levou a que AXG-CUT presentara recurso ante o TSXG. Este acordo supón o fin da equiparación salarial para @s traballadores e traballadoras galeg@s.

Os sentimentos de dous sindicalistas o día da traizón ao sindicalismo que ningún esquenceremos

27 de abril de 2018


CATRO TONTOS ÚTILES

Na xerga policial, idiota útil ou imbécil útil, é aquel que sen querer, é usado por outra persoa para alcanzar un fin. Este termo podería ser usado na folga da xustiza galega, onde o partido máis corrupto de Europa, o Partido Popular, usou a catro dos chamados sindicatos mansos CSIF, UGT, CCOO e USO, para acadar o seu fin, terminar unha folga que ata a data, os traballadores e traballadores da xustiza galega levaron con orgullo e dignidade.
Os chamados "vendidos" por gran parte dos traballadores utilizaron esta folga e ós seus traballadores para obter un acordo que non satisface os esforzos e os malos momentos vividos por un grupo de traballadores que sufriron o abuso e a prepotencia do partido popular e os seus medios de comunicación afins.