"
Publicado en Galicia Confidencial"
|  | 
| Protesta en Vigo | 
En declaracións aos medios de comunicación, 
Javier Fernández, portavoz de Alternativas na Xustiza na Coruña, manifestou que a folga "
nin se suspendeu nin se interrompeu". No entanto, admitiu unha baixada do seguimento que vinculou coa duración da folga e a necesidade dos traballadores de "
recuperarse anímica e economicamente".
Por outra banda, considerou que a mesa sectorial non é "o foro adecuado" para a negociación. Ademais, sinalou que, coas protestas convocadas nesta xornada, queren "deixar claro" que a proposta aceptada polos sindicatos CC.OO., UXT, CSIF e SPJ-USO foi "rexeitada polos traballadores". "Para nós iso é un mandato imperativo", recalcou o portavoz de Alternativas na Xustiza-CUT para quen a Xunta "ten a obrigación de negociar co comité de folga".
Etiquetas:  
#7F
                              ,
                            
#FolgaXustiza
                              ,
                            
Prensa