Tres representantes sindicais acudiron este martes a declarar ante o Fiscal Xefe da Audiencia de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, en calidade de investigados por supostas coaccións durante a folga da xustiza, asunto que achacaron a un acto de "represión" por parte da Xunta. En concreto, trátase dos portavoces de Alternativas na Xustiza-CUT (AXG-CUT), Fina Iglesias e Pablo Valeiras, e de STAJ, Enrique Araújo, quen tamén culpou ao sindicato SPJ-USO de actuar "coa axuda da Fiscalía".
Araújo reprochou á Fiscalía que estea "actuando como unha parte implicada neste proceso" e os tres criticaron as actuacións que leva a cabo, algo que o seu compañeiro Valeiras non dubidou en cualificar de operación de "caza e captura de tres sindicatos que estivemos en contra do preacordo" e que enmarcou nun "xogo de poder".
O representante de AXG-CUT tamén expresou a súa "tristeza como sindicalista" pola actitude dun "sindicato amarelo", tal e como identificou a SPJ-USO, ao que acusou de colaborar xunto a CC.OO., UXT e CSIF nun "peche en falso" do conflito laboral na administración de Xustiza galega.
Finalmente, a súa compañeira Fina Iglesias declarou que, como sindicalista, "o seu deber é defender os dereitos dos traballadores", que foi o que, segundo as súas palabras, fixo "durante todo o tempo da folga", enmarcando a "tensión" vivida na xornada de votación do preacordo como "algo normal, xa que a xente estaba enfadada" pola "traizón" e o "desgaste" de tres meses de paro, segundo concluíu. "Non teño nada polo que arrepentirme", insistiu Iglesias.
Tres sindicalistas declaran ante la Fiscalía por coacciones durante la huelga de justiciaLigazón á noticia - Diario de Pontevedra
Declaran ante la Fiscalía de Pontevedra los tres delegados sindicales investigados por supuestas coacciones.
Ligazón á noticia - Pontevedra Viva
Los acusados de coacción en la huelga de justicia denuncian "represión" de la Xunta