O sindicato Alternativas na Xustiza-CUT denuncia a mala situación do Xulgado de Paz de Narón. Nun comunicado sinala que “Con data 28 de marzo de 2018 a prensa publicou que o concello de Narón dispón para este ano dun remanente de libre disposición de 10,7 millóns de euros. No pleno mantido nesa data deu conta en pleno de un remanente de libre disposición de 10.704.037 euros – con cargo ao superávit de 4,5 millóns de euros do ano 2017 e dos case 6,2 millóns de euros de remanente-.
Desde finais do ano 2016 este sindicato, Alternativas na Xustiza-CUT, ven denunciando a situación na que se atopa o Xulgado de Paz de Narón, concello que ten unha poboación de uns 40.000 habitantes. O xulgado está no primeiro andar do antigo edificio do Concello: neste primeiro andar está o Xulgado de Paz e o Rexistro Civil do Concello. O acceso a este primeiro andar é impracticable para persoas con mobilidade reducida.
As funcionarias que traballan neste xulgado vense obrigadas a baixar á rúa para realizar trámites coma práctica de dilixencias, entrega de notificacións e citacións ou ofrecementos de dereitos e accións, por mor da imposibilidade de acceso ao propio Xulgado.
Ligazón á noticia completa - galicia Ártabra digital
Reclaman medidas para garantizar la accesibilidad en el juzgado de Narón