Nota informativa da Dirección Xeral de Xustiza

5 de xuño de 2018

"publicado na intranet de xustiza"

Dado que se observaron erros nalgunhas das solicitudes presentadas para participar no plan de recuperación do traballo previsto na cláusula 8ª do Acordo do 23/05/2018, faise constar a seguinte aclaración: á hora de cambiar o nome (ou renomear) do arquivo adxunto que se achega co formato ApelidosNome_DNI_participacion_PR, debe facerse cos datos persoais do funcionario. A modo de exemplo: PerezRodriguezManuel_12345678A_participacion_PR.