Na seguinte ligazón á solicitude ponse á disposición do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia o modelo de solicitude para o caso de que desexe participar no plan de recuperación do traballo previsto na cláusula 8ª do Acordo de 23/05/2018.
O número de horas e número de días á semana de duración do plan axustarase en función da carga de traballo nos distintos centros de traballo e do número de solicitantes.
- (A2-Corpo Xestión): 29,97 €
- (C1-Corpo Tramitación): 22,66 €
- (C2-Corpo Auxilio): 17,03 €.
A dita solicitude deberá remitirse ao enderezo electrónico que figura no propio impreso antes das 14:00 horas do vindeiro xoves 7 xuño de 2018.