Na última nómina, como era de esperar, aquí por suposto non se equivocan, aplícanlle os descontos a aqueles compañeir@s que fixeron folga no mes de maio.
A “sorpresa” é en canto ao rateo dos descontos dos días pendentes (aplicación da Cláusula 9ª do Acordo). Este rateo faise sen ningún criterio pois hai compañeir@s que aínda que solicitaron que non se lles aplicase tamén llo aplican.
A retroactividade dende o 1 de maio de 2018 na subida do CAT que foi anunciada polos pseudosindicatos que negociaron ás costas dos traballadore (spj-uso, ugt, cc.oo) é como o xogo do “pito-pito- gorgorito, tocoulle a quen lle tocou, a uns sí e a outros non.
Os que fan as nóminas deberon facer un máster en Economía Aplicada con Pablo Casado en Aravaca.
En fin, temos darlle as grazas aos “tres pseudoSindicatos” e pedirlle explicacións aos argalladores deste despropósito e dos lamentables plans de actuación.
Etiquetas: #FolgaXustiza , DXX , nómina , Xunta de Galicia