Manual do parte do plan de recuperación: AMTEGA intenta xustificar a súa existencia

5 de xullo de 2018

 Cun manual para cumprimentar os partes do plan de actuación  de 15 follas, co que xs funcionarixs  teñen que destinar un día para lelo e entendelo, AMTEGA xustifica a súa labor e a súa existencia.

Despois do "fantástico" acordo acadado polos sindicatos asinantes e a administración, con referencia aos plans de actuación que contemplan oito pírricas  horas mensuais nos meses de xuño e xullo, nun paso máis para facilitar o traballo, no día de onte (4 de xullo), na intranet, informan dunha nova versión no OPAX que permite a cubrición, xestión e presentación do parte mensual de horas e actividades diarias realizadas dentro do Plan de recuperación do traballo.

"publicado na intranet"

Parte do plan de recuperación

04/07/2018

Desde o luns día 02/06/2018 está dispoñible unha nova versión da OPAX que permite a cubrición, xestión e presentación electrónica do parte mensual de horas e actividades diarias realizadas dentro do Plan de Recuperación do Traballo.
Este novo módulo permite dar de alta un único parte por mes con múltiples días.

IMPORTANTE: os días do mes de xuño teñen que ir nun único parte correspondente ao mes de xuño, e os días de xullo nun único parte correspondente ao mes de xullo.

Na seguinte ligazón dispoñen da guía de uso, na que se explican as novas funcionalidades.
Para calquera dúbida ou aclaración poden contactar co Centro de Servizos a Usuarios de Xustiza (CSU) a través das canles habituais.

 *****************************************

Pois ben, nunha lectura detida do manual de usuario para tal fin, aínda queda máis ao descuberto o despropósito de este plan.
Os funcionarios que participen no plan de actuación teñen que cumprimentar o parte mensual de horas e actividades, introducindo para cada día:
  •  Data.
  • a hora/minuto de inicio.
  • a hora/minuto de fin.
  • O tipo de actividades realizadas. Un despregable no que hai que seleccionar o "traballo" realizado e o número de veces que se realizou a devandita actividade. 
  • Observacións: (este campo sí é realmente interesante). Hai que detallar o tipo de actividade, con detalles específicos (xurisdición de destino - caso de servizos comúns de rexistro e reparto-, o número de intentadas con resultado positivo/negativo/ sin efecto - no caso dos SCACE-

Neste inigualable plan de actuación, no punto 4 (anexo I), aparece reflectido que o obxectivo fundamental é recuperar, na medida do posible, todo o traballo que non se puido facer con motivo da folga na Administración de Xustiza.

Con 8 horas/mes e un manual de 15 páxinas para cubrir os partes, pouco tempo queda para o traballo real.