Entre as medidas para realizar, podemos destacar:
- Practicarase un simulacro de evacuación no edificio. Unha vez practicado, a Administración deberá remitir un informe sobre o seu resultado a Inspección de Traballo.
- No edificio xudicial van acometer obras de iluminación e climatización. O prazo previsto para a súa adxudicación estímase nuns dous meses e o período de realización das mesmas será entre catro e seis meses.
- As cadeiras defectuosas serán repostas de forma inmediata.
- As bandexas inferiores, situadas nas mesas d@s traballador@s e que serven para apoiar o teclado serán retiradas de xeito inmediato, fóra da mesa dunha traballadora que manifestou o seu desexo de traballar con ela.
- Os PVD deberán ser cambiados de orientación nas mesas a fin de que @s traballador@s poidan realizar o seu traballo sen a molestia dos reflexos. É obriga da Administración remitir á traballadores información sobre este extremo, indicando cal é a posición correcta para o PVD, os problemas que carrexa en caso do seu mal uso, etc.
- Así mesmo, cambiaranse as bases ou soportes dos PVD para que @s traballador@s poidan regular de forma óptima a altura das pantallas segundo cada caso concreto, pois en ocasións, para poder regular a súa altura, han de colocar paquetes de folios debaixo dos monitores.
- Por parte da Dirección Xeral de Xustiza, e de forma urxente, colocaranse regletas e pasacables en espiral nas zonas de traballo e de paso nas oficinas xudiciais.
- Á traballadora que o solicitaba, remitiráselle o repousapés.
- De igual modo, a Inspectora de traballo advirte á Administración que, cando se acometan os traballos de iluminación que se han de realizar no edificio xudicial, a norma para seguir para as medicións lumínicas será a guía e non o real decreto.
- Procederase á substitución duns 300 estores.
Etiquetas: inspección de traballo , Santiago , Saúde laboral