"publicado na intranet"
Novo sistema de mensaxaría instantánea
17 de outubro de 2018
"publicado na intranet"
Nos vindeiros días procederase á instalación dun sistema de mensaxaría instantánea nos equipos informáticos do posto de traballo.
Por parte do CSU de Xustiza faremos uso dela para comunicar información relevante en canto á actividade de soporte sobre o equipamento TIC e os sistemas de información. Queremos destacar que estas comunicacións non serán individuais, senón que están destinadas a grupos predefinidos no sistema.
Outra característica destas mensaxes é a de que serán de difusión unidireccional, é dicir, esta nova canle de comunicación non estará activa para a comunicación co CSU. Porén, os usuarios do sistema teñen a posibilidade de comunicarse bidireccionalmente uns cos outros.
Para poder facer uso dela será necesario seguir as indicacións da mensaxe que aparecerá en pantalla para completar a instalación.
Para máis información pode contactar co CSU de Xustiza a través das canles habituais.
Moitras grazas pola colaboración.
Imprimir / Compartir