Solicitude de carné alfanumérico para saídas fóra da sede xudicial

13 de febreiro de 2019


Dende fai moitos anos vimos defendendo que @s traballador@s da Xustiza Galega que teñen que realizar as súas funcións fora dos edificios xudiciais deben contar cun carne ou identificación, no que por motivos de seguridade non conste ningún dato persoal d@ traballador@, simplemente un código alfanumérico igual que pasa cos corpos e forzas do Estado.

 @s traballador@s dos Servizos Comúns de Notificacións e Embargos, especialmente Xestores Procesuais e Auxiliares Xudiciais, e @s funcionari@s dos xulgados que realizan dilixencias (embargos, desafiuzamentos, citacións, notificacións, entradas e rexistros) en domicilios, bares, empresas, etc. deben identificarse.


preme para ampliar

preme para ampliar

preme para ampliar