Preme para ampliar |
O Director Xeral J.J. Martín non ten vergoña nin a coñece
24 de maio de 2019
Afeitos tennos esta administración cando cos seus actos mostra o desprezo cara aos traballadores da Administración de Xustiza de Galicia. Con todo, as declaracións do Director Xeral Juan José Martín no Parlamento superaron, con moito, o límite do tolerable.
Etiquetas:
AP Pontevedra
,
carta Director Xeral
,
Xurado
Juan José Martín non ten vergoña nin a coñece cando, en sede parlamentar mente descaradamente alegando que “en ningún momento comunicóuselles que o xurado estaba deliberando e que necesitaban esa atención”, posto que a Audiencia Provincial comunicou á delegación territorial de Pontevedra o día 20 de marzo a través dun oficio por fax, a celebración dun xuízo con Xurado con duración previsible do 25 ao 29 de Marzo. Como ben debe saber este director xeral (debido a que é Secretario Xudicial de profesión) un xuízo sábese cando empeza e non cando termina, e non pode a administración en ningún momento facer deixamento de funcións alegando datas pechadas.
Imprimir / Compartir