AXG-CUT esixe o cumprimento do PLAN SENDA 2020

24 de maio de 2019

Das poucas cousas nas que nos últimos tempos AXG-CUT coincide coa Xunta de Galicia é na urxente necesidade de apostar pola modernización da Administración de Xustiza Galega, aínda que, á vista da súa falta de actitude e absoluta pasividade á hora de implantar o sistema de videoconferencia, a súa aposta só queda en palabrería "barata"

A videoconferencia na administración de xustiza é de uso diario nas declaracións e interrogatorios dos investigados, procesados, testemuñas e peritos, tanto na fase de instrución penal como nas vistas de tódolos ordes xurisdiccionais. Así mesmo, tamén se emprega a cotío nas entrevistas realizadas polos xuices de Vixilancia Penitenciaria aos internos e nas declaracións, interrogatorios e entrevistas a menores nos centros de internamento por parte das Fiscalías ou dos Xulgados de Menores. 


Preme para ampliar

Preme para ampliar

Preme para ampliar