Urxe plan de recuperación do traballo para o Xulgado de Primera Instancia nº 7 de A Coruña

7 de xuño de 2019

Dende o día 1 de xullo de 2017, o xulgado de Primeira Instancia número 7 de A Coruña foi designado para asumir os prodementos de cláusulas solo na provincia. Este xulgado non quedou exento do reparto de outros asuntos civís, senón que ata o día 1 de xaneiro de 2018 mantivo a dualidade e non foi xulgado de cláusulas solo de forma exlusiva e excluinte. 

A carga de traballo do xulgado antes de ese 1 de xullo de 2017 era perfectamente asumible polo cadro de persoal do devandito xulgado. Pero ese período de seis meses nos que tivo que compatibilizar os procedementos civís que lle correspondían por reparto (como aos outros xulgados de Primeira Instancia de A Coruña) co rexistro de tódalas demandas de cláusulas solo da provincia da Coruña foron desastrosos: eses 180 días marcaron un "antes e despois" para o xulgado de Primera Instancia número 7 de A Coruña. Dende o 1 de xullo de 2017 ata o 1 de xaneiro de 2018 cosumouse o "afundimento e condea" dun xulgado que ata entón era normal [....

....]Factores que o DXX, J.J. Martín, que manifestou que nesta ocasión (neste último plan de actuación de recuperación do traballo atrasado pola folga) foron os propios sindicatos asinantes os que indicaron qué órganos xudiciais debían estar incluidos, deberá considerar á vista do "acerto" dos asinantes.

Compre que sexa, dunha vez por todas, unha ADMINISTRACIÓN RESPONSABLE, QUE ASUMA AS SÚAS FUNCIÓNS E NON DELEGUE EN TERCEIROS QUE, Á VISTA ESTÁ, AÍNDA SABEN MENOS QUE A PROPIA ADMINISTRACIÓN. 


preme para ampliar


preme para ampliar


preme para ampliar