Por fin!! A DXX convoca a todo-los sindicatos a unha Mesa Sectorial

9 de xullo de 2019

Logo de máis dun ano e medio dende a última Mesa Sectorial (25/10/2017) o Director Xeral ven de convocar unha nova reunión da Mesa Sectorial tras facer oídos xordos a toda-las peticións que fixemos dende este sindicato.

No día de onte enviounos o seguinte correo electrónico:



CONVOCATORIA DE MESA SECTORIAL

De orde do Director Xeral de Xustiza, convócaselles  no lugar, data e hora indicados:


Día: 11/07/2019
Hora: 11:00 horas
Lugar: Sala Colmeiro EGAP – Polígono Fontiñas (Santiago de Compostela)


Orde do día:

1.       Lectura e aprobación da acta de 25/10/2017
2.       Creación de novos xulgados e dotación de persoal
3.       Resolución pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición do interesado, de postos de traballo nos órganos de nova creación.
4.       Creación de prazas.
5.       Rolda de intervencións.



Saúdos

Dirección Xeral de Xustiza

Documentación: