Amosando publicacións coa etiqueta Mesa Sectorial Xustiza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mesa Sectorial Xustiza. Amosar todas as publicacións

Reunión Mesa Sectorial Substitucións 13/Maio/2022

16 de maio de 2022






Información da Mesa Sectorial 8/06/21

9 de xuño de 2021

Na Mesa Sectorial que tivo lugar hoxe e na que se ía negociar a futura bolsa de funcionari@s interin@s, aproveitamos para falar dos seguintes temas: 

OUTROS 

As denuncias nos medios de comunicación presentadas por AXG-CUT dá resultados. A Xunta levará a Comisión Mixta a posibilidade de poñer medidas de reforzo para os Xulgados de Vilagarcía, Cangas, Caldas 

Negociación bolsa funcionari@s interin@s Galicia

25 de maio de 2021


No día de onte tivo lugar a Mesa Sectorial de Interinos.






Convocatoria pola DXX de mesa sectorial o día 31.7.2020

29 de xullo de 2020

CONVOCATORIA DE MESA SECTORIAL

De orde do director xeral, convócaselles á reunión da Mesa Sectorial:

Data: 31/07/2020
Hora: 11:30 h.

Mesa sectorial 24.10.2019

22 de outubro de 2019


De orde do Director Xeral, convócaselles á reunión da Mesa Sectorial no lugar, data e hora indicados:

Data: 24/10/2019
Hora: 10:00 h.
Lugar: Sala Colmeiro EGAP – Polígono Fontiñas (Santiago de Compostela)

CONVOCATORIA MESA SECTORIAL 24 de outubro: comisións de servizos e substitucións

18 de outubro de 2019


No día de hoxe remitiuse comunicación da Dirección Xeral de Xustiza convocando ás OOSS para o vindeiro xoves, 24 de outubro, á Mesa Sectorial, e sendo a orde do día: Comisións de Servizo e Substitucións. 


Mesa sectorial: porqué lle chaman negociación cando queren dicir imposición?

12 de xullo de 2019

Logo de ano e medio sen convocar unha mesa sectorial, e “tratando todos os asuntos ás agochadas” na mesa de seguimento do acordo que puxo fin ao conflito (antes chamábanlle folga) a DXX viuse na
obriga de convocar a mesa sectorial de xustiza porque debe darlle traslado ás organizacións sindicais das novas unidades xudiciais e prazas que van a crear antes de comunicarllo ao Ministerio. Doutro xeito, seguiríamos co oscurantismo de tratar todos os temas “entre os amiguetes”

Por fin!! A DXX convoca a todo-los sindicatos a unha Mesa Sectorial

9 de xullo de 2019

Logo de máis dun ano e medio dende a última Mesa Sectorial (25/10/2017) o Director Xeral ven de convocar unha nova reunión da Mesa Sectorial tras facer oídos xordos a toda-las peticións que fixemos dende este sindicato.

No día de onte enviounos o seguinte correo electrónico:

Petición urxente de Mesa Sectorial

3 de xuño de 2019

Durante a reunión do Comité de Saúde laboral, mantida o pasado luns 27 de maio, o Director Xeral de Xustiza, J.J.Martín, comprometeuse a convocar unha Mesa Sectorial en breve para tratar, tal e como se regula por Lei, e non como ata agora (tras máis de un ano sen convocar a ningún tipo de mesa), todos aqueles asuntos que afectan @s traballador@s da Xustiza Galega.


ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT, ao longo destes últimos meses, esixiu en reiteradas ocasións a convocatoria dunha Mesa Sectorial para negociar varios asuntos que están pendentes dende antes da folga e que afectan ao colectivo da Xustiza Galega, tal como se recolle na Lei Orgánica de Órganos de representación e a Lei Orgánica de Liberdade Sindical.

AXG-CUT esixe a convocatoria urxente de mesa sectorial

22 de abril de 2019


Durante o ano 2018 vivimos tres meses de folga indefinida na xustiza galega, secundada pola maioría d@s traballador@s nunha loita para rematar cunha discriminación co resto de compañeir@s da Administración de Xustiza doutros territorios con competencias tamén transferidas: descontos por ITS, equiparación nas retribucións co aumento do CAT, paralizar as amortizacións feitas pola Xunta de xeito unilateral...

Escrito á DXX esixindo a participación na mesa sectorial

2 de outubro de 2018


Desde AXG-CUT esiximos a participación de todos os sindicatos con representación na mesa sectorial, incluído CCOO, que non ten representación directa (salvo por unha sentenza xudicial, na negociación dos plans de actuación para recuperar o traballo acumulado como consecuencia do seguemento masivo da folga por parte d@s traballador@s da xustiza galega.

Oposicións: Acumulación das prazas das OPE 2017 e 2018

13 de xullo de 2018


Na mesa sectorial mantida no día de onte, 12 de xullo, acordouse por unanimidade a acumulación das ofertas públicas de emprego dos anos 2017 e 2018.

É previsible a aprobación no consello de ministros do día 27 de xullo do real decreto de oferta pública de emprego do ano 2018, e que incluirá a do ano 2017.

Contestación das OOSS ás mentiras da Xunta de Galicia

4 de decembro de 2017



MENTIRAS E MÁIS MENTIRAS


Despois da historica mobilización do pasado 1-D, dos funcionari@s da Xustiza Galega, mostrando o rexeitamento a discrimación dos empregados públicos con respecto ao resto de Comunidades Autónomas a Dirección Xeral de Xustiza de Galicia púxose en contacto na tarde do mesmo venres coas OO.SS para manter unha reunión o próximo 7 de decembro.

Rotas as negociacións coa Dirección Xeral de Xustiza

26 de outubro de 2017


No día de onte (25-10-2017), as organizacións sindicais esiximos e logramos a modificación da orde do día da mesa sectorial, conseguindo a inclusión dos seguintes puntos:

• Negociación de incremento do CAT (Complemento Transitorio).
• A discriminación sanitaria nos descontos por Incapacidade Temporal (IT).
• Plan de amortización de 106 prazas do ano 2013.
• 100% Substitucións (A igual traballo, igual retribución).
• Consolidación prazas de reforzo de máis de 3 anos.

Ultimátum á Dirección Xeral de Xustiza para negociar o CAT

23 de outubro de 2017

Todos os sindicatos en unidade de acción sindical, solicitamos no día de onte á Dirección Xeral de  Xustiza, modifique a orde do día da Mesa Sectorial do 25/10/2017 e se inclúan os puntos expostos (CAT, substitucións, I.T, consolidación).

Do contrario o mércores os sindicatos daremos por rota a negociación e presentaremos un calendario de mobilizacións

prema en leer máis para ver o escrito completo.

Borradores das bases da oposición de Xestión, Tramitación e Auxilio xudicial - quenda libre OEP 2016

26 de setembro de 2017


O Ministerio de Xustiza convocou  mesa sectorial para o vindeiro 28 de setembro ás 11.00 horas.

Na convocatoria, achéganse os borradores das bases das oposicións de xestión, tramitación e auxilio (quenda libre) OEP 2016. Inclúese na convocatoria a negociación do borrador de bases dos corpos especiais de Facultativos e Axudantes de Laboratorio do INTCF das OEP 2015 e 2016.



XESTIÓN OEP 2016 QUENDA LIBRE

TRAMITACION OEP 2016 QUENDA LIBRE

AUXILIO OEP 2016 QUENDA LIBRE

FACULTATIVOS E AUXILIARES 2015 E 2016



Resumo da mesa sectorial de 13 xullo 2017

14 de xullo de 2017

Coa unidade de todos os sindicatos, excepto a cig (ultimo sindicato en representación) e CCOO (sen representación na mesa) logramos paralizar a mesa á que fomos convocados pola Dirección Xeral de Xustiza, pois ningún dos puntos da orde do día eran obxecto de mesa sectorial, esixindo ademais convocatoria urxente para negociar a Nova Oficina Xudicial, Normativa ITs e CAT, que en tantas ocasións solicitamos por escrito.

AXG-CUT esixe á Dirección Xeral de Xustiza cambiar os puntos da orde do día da mesa sectorial (13 de xullo)

11 de xullo de 2017

"escrito remitido ao Director Xeral de Xustiza"

AXG-CUT ao longo destes meses solicitamos a convocatoria da Mesa Sectorial para tratar temas que afectaban e afectan a todos os funcionarios da Admón. de xustiza de Galicia.

A oposición por escrito de centos de funcionarios interinos e AXG-CUT en contra da MEGA BOLSA obriga a paralizala

27 de xuño de 2017


Parabéns, LOGRÁMOLO!!!

Co voso apoio logramos que a Dirección Xeral solicite a opinión de todos os Sindicatos sobre as porcentaxes.

A Dirección Xeral acaba de enviar a seguinte información:

Bo día:


Con data 07.06.2017, e cara á súa inclusión na orde do día da próxima mesa sectorial, enviouse o borrador da Orde sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

O dito borrador incorporaba algunhas das alegacións formuladas polas organizacións sindicais nas anteriores mesas técnicas, que incrementaban as admitidas anteriormente.

Por outra parte, o borrador incorporaba tamén unha modificación que non foi solicitada polos sindicatos, pero que a Administración apreciou que debería incorporarse debido á evolución dos datos dos chamamentos realizados, exclusións e suspensións, das distintas bolsas actualmente en vigor. Dita modificación, consistente no incremento do número de integrantes das bolsas de traballo e reserva tense rexeitado por escrito por parte de determinadas organizacións sindicais.

Por tanto, a efectos de coñecer a opinión de todas as organizacións sindicais para manter ou reformular no seu caso as porcentaxes das bolsas, solicitamos que nos remitan as consideracións e propostas que se estimen oportunas ao respecto antes do venres 30 de xuño.

Un saúdo.


Alternativas na Xustiza esixe que a Nova Oficina Xudicial de Ourense e outros temas se negocien na mesa sectorial

26 de xuño de 2017

Para Alternativas na Xustiza-CUT é imprescindible que a implantación do proxecto piloto de oficina xudicial en Ourense se leve a Mesa Sectorial pois é onde se negocian as condicións laborais dos traballadores (acordo que garanta que non haberá amortizacións de prazas nin en número nin por corpos, reordenacións, redistribucións, resignacións forzosas, rpt´s, funcións, postos específicos, etc...), así como outros temas que se indican no escrito presentado: