Comité de Seguridade e Saúde Laboral

11 de outubro de 2019


No día de onte celebrouse a reunión do comité de Saúde e Riscos Laborais en Santiago de Compostela, cinco meses despois da anterior (e non respetando a convocatoria trimestral á que está obrigada a Xunta), cuxa orde do día era a seguinte:
1. Implementación do plan de acción da avaliación específica de traballos de campo nos SCNE.
1.1. Informe aclaratorio do SPRL relativo á avaliación de riscos laborais específica dos postos de xestor procesual e auxilio xudicial dos SCNE.
2. Información respecto de infraestructuras e subministración de mobiliario.
3. Programación para o ano 2020.
4. Rolda de intervencións.


1. Sobre a implementación do plan de acción da avaliación específica de traballos de campo nos SCNE, informan que se fará entrega dunha TARXETA IDENTIFICATIVA @s funcionari@s dos SCNE: aínda non hai data fixada para a súa entrega pero pretenden que sexa neste ano. Tamén se fará entrega dun chaleco reflectante coa lenda "Administración de Xustiza" e dunha chaqueta de abrigo. 

A tarxeta identificativa constaría dun número alfanumérico (que identificaría a cada funcionari@), unha fotografía e indicación do seu destino.

O curso que se plantexara impartir na anterior reunión, informan de que será ONLINE e tratará sobre o uso dos EPIS, e as medidas de seguridade que compre adoptar no traballo diario.

2. Información respecto das infraestructuras e subministración de mobiliario.
Respecto ao novo edificio xudicial de TUI haberá un retraso con respecto ao plan inicial de entrega.

O novo edificio xudicial de Vigo (ubicado no antigo Hospital Xeral) presenta unha serie de problemas que retrasarán máis a súa construcción (problemas de seguridade que acredita un informe técnico e que obrigará a efectuar modificación no proxecto inicial). Non estará ante do mes de agosto de 2020.

As obras do edificio xudicial de Santiago están próximas ao seu remate.

Nos arquivos dos edificios xudiciais de Ourense, no edificio vello de Pontevedra (A Parda) e nos xulgados de Lugo (aínda que só nalgúns) colocarán armarios móbiles.

Os repousapés entregados ata o día de hoxe é de 650 unidades: hai feito outro pedido de 1000 máis: 500 serán entregados entre os días 14 e 25 de outubro.

Efectuaron un cambio de modelo nas cadeiras que están a entregar nos xulgados: o plan de entrega que teñen previsto é:

  • ano 2020: TSXG, Audiencias Provinciais e as cidades de Coruña, Santiago e Ferrol.
  • ano 2021: Lugo, Ourense e Pontevedra.
  • ano 2022: pobos.
O importe sería aproximadamente duns 5 millóns de €.
Matizaron que no caso dos xulgados nos que haxa cadeiras que aínda non foran reemplazadas e estean moi deterioradas, o LAX formulará a petición de cambio da cadeira correspondente.

3. Programación 2020: Non teñen ningún tipo de previsión para a realización das visitas de avaliación de riscos para o vindeiro ano. O resultado das realizadas só queda plasmado nos informes elaborados polo SPRL e nunca levadas á práctica.

4. Rolda de intervencións: 

Reiteramos unha vez máis desde AXG-CUT a necesidade de facer medicións de gas radón nos edificios xudiciais (especialmente nas provincias de Ourense e Pontevedra) xa que polas súas características orográficas amosan uns índices moito máis elevados, e máis en edificios xudiciais que carecen de ventilación natural.A Xunta argumenta que mentres non sexa obrigatorio non se farán as medicións.

O recoñecemento nos medios de comunicación de apertura "inmediata"  de xanelas no novo edificio xudicial de Ourense vaise demorar no tempo pois non saben precisar nin por aproximación cándo será.

Desde AXG-CUT esiximos como xa fixemos por rexisto fai máis dun mes a negociación dun protocolo laboral para evitar que @s acosad@s teñan que coller a baixa laboral ou algunha solución variopinta.

A Xunta di que están á espera dun informe que debe elaborar de xeito conxunto o Ministerio de Xustiza e o CXPX: AXG-CUT propuxo que, mentres non sexa emitido o informe, se aplique de xeito subsidiariio o protocolo de territorio Ministerio de Xustiza.