Amosando publicacións coa etiqueta Comité de Seguridade e Saúde. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comité de Seguridade e Saúde. Amosar todas as publicacións

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde

22 de setembro de 2020




preme na imaxe para ampliar

Comité de Seguridade e Saúde Laboral: adiado ao día 21.9.2020

17 de setembro de 2020

No día de hoxe, a DXX comunicou o adiamento da data da reunión do Comité de Seguridade e Saúde laboral, para o vindeiro día 21.09.2020. 

Comité de Seguridade e Saúde Laboral: adiado ao día 18.9.2020

16 de setembro de 2020


No día de onte, a DXX comunicou o adiamento da reunión sinalada para mañá, día 17.9.2020 para o vindeiro día 18.9.2020.

17 setembro: Convocado o comité de seguridade e saúde laboral

11 de setembro de 2020

Tal e como solicitara ALTERNATIVAS NA XUSTIZA - CUT no se escrito de data 7 de setembro, a Dirección Xeral de Xustiza convocou no día de hoxe, para o vindeiro día 17 de setembro, ao Comité de Seguridade e Saúde Laboral.

A/A DELEGADOS DE PREVENCIÓN

PROXIMA CONVOCATORIA DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE

De orde do director xeral de Xustiza, comunícase que está prevista a celebración, a través do sistema de videoconferencia, do Comité de Seguridade e Saúde, na seguinte data:

Data: 17 setembro, xoves

Videoconferencia: o enlace á reunión comunicarase con anticipación a esta aos correos facilitados na ultima convocatoria, salvo que se comunique outro.

Un saúdo.

Dirección Xeral de Xustiza




AXG-CUT solicita a convocatoria urxente do comité de saúde laboral e o recoñecemento de permiso para coidado de menor en illamento

7 de setembro de 2020

AXG-CUT ven de presentar na Dirección Xeral de Xustiza un escrito solicitando a convocatoria urxente do Comité de Saúde Laboral así como o recoñecemento dun permiso para o coidado dun fillo menor en illamento ante o inminente inicio do curso escolar.

Convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde

18 de xuño de 2020



De orde do director xeral de Xustiza, convocase para a celebración, a través do sistema de videoconferencia, do Comité de Seguridade e Saúde, na seguinte data e hora indicados:
 
Data: 19 de xuño de 2020
Hora: 10:00
Videoconferencia: o enlace á reunión comunicarase con anticipación a esta aos correos facilitados na ultima convocatoria, salvo que se comunique outro.
 
Orde do dia: Covid (medidas de protección y turnos de tarde , personal especialmente sensible…)
 
Un saúdo.




12 de xuño: 3 reunións coa DXX nunha soa xornada

11 de xuño de 2020

Despois de remitir solicitudes á DXX o 21 de maio e o 1 de xuño ( que podedes consultar no blogue)  para que convocara unha mesa específica para abordar a acción social 2020 (que agora queda reducida á mínima expresión - só para casos de dependencia- en con 1.000 € menos de orzamento que no ano 2019 (cando no ano 2008 era de máis de 200.000 €), e tamén mesa para negociar a instrución de vacacións, a DXX ten a ben convocarnos mañá, 12 de xuño, para estas dúas convocatorias, ás que engade a do comité de Seguridade e Saúde Laboral.

AXG-CUT denuncia ante a DXX a falta de medidas no Rexistro Civil de Coruña

3 de xuño de 2020



A DISTANCIA ENTRE OS POSTOS DE TRABALLO É MÍNIMA, NON RESPETANDO OS DOUS METROS DE DISTANCIA, e por parte da DXX non se procedeu ata o día de hoxe a colocar mamparas entre estes postos de traballo.

Convocatoria Comité de Saúde: día 22.5.2020

20 de maio de 2020


Este luns ALTERNATIVAS NA XUSTIZA  requeriu a Xunta para que convocara nesta semana ao Comité de Seguridade e Saúde, dando o venres como último día de prazo.

No día de hoxe acabamos de recibir convocatoria para a celebración, a través do sistema de VIDEOCONFERENCIA, do Comité de Seguridade e Saúde, na seguinte data e hora:

Data: 22 de maio 2020

Hora: 10:00 horas

Orde do día:   Covid (Epis, novo procedemento persoal especialmente sensible….)


AXG-CUT solicitou o día 7 de maio convocatoria urxente da DXX

10 de maio de 2020


O pasado día 7 de maio, despois de seguir no estado de pandemia pola COVID-19, e tras manter a última reunión o pasado día 28 de abril, e sen recibir unha nova convocatoria, ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT presentou un novo escrito para unha reunión URXENTE do COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL.

Reunión do Comité de Seg e Saúde Laboral 28.4.2020

29 de abril de 2020

No día de hoxe tivo lugar reunión do comité de seguridade e saúde laboral con motivo da COVID-19. 

A Xunta deu traslado do número de traballadores positivos, posibles síntomas, etc, así como dos EPIS entregados, e dando conta das mamparas que se están a colocar en distintos puntos de Galicia e da compra de adhesivos indicativos para poñer no chan, e que marquen as distancias de seguridade a manter. (DOCUMENTO DE AXG-CUT  DO 28.4.2020)
Ligazón ao DOCUMENTO EN PDF


LOGRO DE ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT CONTRA O ESCURANTISMO DA XUNTA DE GALICIA.

7 de abril de 2020


LOGRO DE ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT CONTRA O ESCURANTISMO DA XUNTA DE GALICIA.


AXG-CUT, tras presentar unhas MEDIDAS CAUTELARÍSIMAS E DUNHA DEMANDA XUDICIAL CONTRA A XUNTA DE GALICIA, CONSEGUE QUE SE CONVOQUE AO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL.

O PASADO VENRES, AXG solicitou d@ xuíz@ que como MEDIDAS CAUTELARÍSIMAS OBRIGARA Á XUNTA A CONVOCAR NUN PRAZO DE 24 HORAS AO O COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL para tratar a pandemia do COVID-19.

AXG-CUT reitera a solicitude de convocatoria urxente do Comité de Seguridade e Saúde Laboral

6 de marzo de 2020

No día de hoxe, e tal como se están desenvolvendo os feitos, vimos de presentar un novo escrito reiterando a convocatoria urxente do Comité de Seguridade e Saúde Laboral


AXG-CUT solicita a convocatoria urxente do Comité de Seguridade e Saúde laboral

26 de febreiro de 2020


O pasado 20 de decembro celebrouse a última reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, e, en base á normativa que estipula unha periodicidade de TRES MESES , estando a piques de cumprirse o prazo para unha nova convocatoria do Comité e á vista da crise internacional que está a causar o coronavirus (COVID-19), AXG-CUT solicita que con carácter urxente o Comité sexa convocado pola Dirección Xeral de Xustiza. 

Comité de Seguridade e Saúde Laboral

11 de outubro de 2019


No día de onte celebrouse a reunión do comité de Saúde e Riscos Laborais en Santiago de Compostela, cinco meses despois da anterior (e non respetando a convocatoria trimestral á que está obrigada a Xunta), cuxa orde do día era a seguinte:
1. Implementación do plan de acción da avaliación específica de traballos de campo nos SCNE.
1.1. Informe aclaratorio do SPRL relativo á avaliación de riscos laborais específica dos postos de xestor procesual e auxilio xudicial dos SCNE.
2. Información respecto de infraestructuras e subministración de mobiliario.
3. Programación para o ano 2020.
4. Rolda de intervencións.


AXG-CUT solicita un Protocolo de Acoso Laboral para Xustiza e medicións do gas radón

3 de outubro de 2019

Necesidade de Protocolo de acoso laboral na xustiza galega

Ninguén pode negar que o acoso laboral, tamén chamado "moobing", é unha realidade presente nos centro de traballo da xustiza Galega como en calquera outro traballo. 


A gravidade do "moobing" obrigou ao Parlamento Europeo, xa a principios de século, a "recomendar", resolución 2001/2339, aos poderes públicos dos países membros a implantar políticas de prevención eficaces e implementar medios para previr, xestionar e facilitar a denuncia destas situacións.

A DXX esquece que existe o Comité de Seguridade e Saúde

17 de abril de 2019


ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT ven de denunciar ante Inspección de Traballo a infracción no comprimento do establecido no Regulamento e insta a INSPECCIÓN DE TRABALLO a adoptar as medidas oportunas.

Na reunión mantida en Santiago de Compostela entre a DXX e as OOSS con representación o día 21 de outubro de 2016, data de constitución  do COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL, e cuxo artículo 4.5.1 do regulamento (no que se establece o réxime de funcionamento e os tipos e periodicidade das reunión) figura:

"o comité de seguridade e saúde laboral da administración de xustiza reunirase en sesión ordinaria TRIMESTRALMENTE. Tamén se pode reunir en sesión extraordinaria sempre que o convoque o seu presidente por iniciativa propia ou a pedimento dunha das partes, en en particular do Servizo de Prevención de Riscos Laborais".

Dende o 21 de outubro de 2016 só houbo TRES REUNIÓNS (malia abarcar un período de 3 ANOS - nos que cumpría ter DOCE, aparte das que tivesen carácter extraordinario).

Nin vergoña na Xustiza

5 de outubro de 2018

Adiamento da convocatoria do comité de seguridade e saúde de Xustiza

25 de setembro de 2018


CONVOCATORIA DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DE XUSTIZA
 
Día: 04.10.18
Hora: 11.00 h
Lugar: EGAP, aula núm. 1 - Colmeiro (planta baixa)