AXG-CUT solicita a convocatoria urxente do Comité de Seguridade e Saúde laboral

26 de febreiro de 2020


O pasado 20 de decembro celebrouse a última reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, e, en base á normativa que estipula unha periodicidade de TRES MESES , estando a piques de cumprirse o prazo para unha nova convocatoria do Comité e á vista da crise internacional que está a causar o coronavirus (COVID-19), AXG-CUT solicita que con carácter urxente o Comité sexa convocado pola Dirección Xeral de Xustiza. 

preme para ampliar

preme para ampliar