INTERINOS: prazas ofertadas - publicación en curso

3 de setembro de 2020

"Comunicación do servizo de Xustiza-VIGO"

Este mércores 3 de setembro de 2020 non foi posible a publicación a través do OPAX das prazas autorizadas pola Dirección Xeral do corpo de tramitación procesual e administrativa por non existir a ratio de duas persoas por praza.

Como consecuencia, comunicouse a oferta as persoas dispoñibles na bolsa, a través do correo electrónico, para que no prazo de 24 horas realicen a aceptación das prazas ofertadas e a orde de preferencia.

As prazas ofertadas son:
  • XULGADO DO SOCIAL NÚMERO 3 DE VIGO –CTPA- (IT DO/A TITULAR) ZONA 2
  • SERVIZO COMÚN DE APOIO DE PONTEVEDRA –CTPA- (IT DO/A TITULAR) ZONA 1

Tal e como se recolle no artigo 20 da Orde de 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino, o luns día 7 de setembro de 2020 comunicaremoslles ás persoas seleccionadas a praza que lle correspondeu a cada unha.

Un saúdo