Novos avisos de desocupación para a súa cobertura mediante substitución entre titulares

21 de setembro de 2020

"publicado na intranet"

Foron publicados, con data do 21 de setembro de 2020, novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares.
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estea en situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo.

 Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operarán os criterios de preferencia determinados na norma. Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por períodos de longa duración. 

 Os/As interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme o anexo II bis dispoñible nos modelos do correspondente apartado dedicado ás substitucións entre titulares. No caso de que se soliciten varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta, de corresponderlle máis dunha das prazas, será a recollida na solicitude.

 A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación (só disponible na intranet).



PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR

PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR

PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR