Amosando publicacións coa etiqueta titulares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta titulares. Amosar todas as publicacións

Concurso de traslado; Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza.

13 de outubro de 2021

"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.


Dado que na Administración de xustiza se atopan vacantes postos de traballo xenéricos dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial, dotados orzamentariamente, no ámbito territorial desta Comunidade Autónoma de Galicia, procede a súa convocatoria en concurso de traslados, de conformidade co establecido no título VIII da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, engadido polo artigo único.124 da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, así como no artigo 43 e seguintes e mais na disposición derrogatoria única do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Por todo o anterior, a Dirección Xeral de Xustiza, coordinadamente co Ministerio de Xustiza, dispuxo convocar un concurso para a provisión dos postos que se relacionan no anexo I, consonte as seguintes bases:

Publicada resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertardas para a súa cobertura

7 de outubro de 2021


"publicado na intranet"

 

Publicada con data 07 de outubro a resolución coas  adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servico da Administración de Xustiza en Galicia.

Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares

3 de marzo de 2021

"publicado na intranet"


Saíron publicados novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura mediante substitución entre titulares con data 03 de marzo de 2021


 

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. 

De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma. 

Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración. 

Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme ao ANEXO II BIS dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares. 

No caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na solicitude. 

 

A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación (só desde o posto de traballo)

 


 

 

Publicada resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura

1 de febreiro de 2021

"publicado na Intranet"

Publicada con data 01 de febreiro a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas  para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Poden consultar a información na resolución  de ADXUDICACIÓNS DE POSTOS (só accesible dende o posto de traballo)

 

Publicada resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura

11 de decembro de 2020

"publicado na Intranet"

Publicada con data 11 de decembro a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas  para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Poden consultar a información na resolución  de ADXUDICACIÓNS DE POSTOS (só accesible dende o posto de traballo). 

Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares

4 de decembro de 2020

"publicado na intranet"





Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares

29 de outubro de 2020

"publicado na Intranet"


Foron publicados, con data do 29 de outubro de 2020, novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares.

Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares

9 de outubro de 2020

"publicado na intranet"

Foron publicados, con data do 9 de outubro de 2020, novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares.

Novos avisos de desocupación para a súa cobertura mediante substitución entre titulares

21 de setembro de 2020

"publicado na intranet"

Foron publicados, con data do 21 de setembro de 2020, novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares.

Publicada a resolución das adxudicacións para a súa cobertura entre titulares

13 de agosto de 2020

"publicado na intranet"


Publicouse, con data do 13 de agosto de 2020, a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.


Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares

26 de xuño de 2020


"Publicado na intranet"

Sairon publicados con data do 26 de xuño de 2020 novos avisos de desocupación de psotos que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares.