"publicado no DOG"
EGAP; IX Xornada de formación (E-martes)
21 de outubro de 2020
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2020 pola que se convoca, no marco da
iniciativa Universo EGAP Innova, a IX Xornada de formación práctica dixital
(E-martes).
O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega
de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través
de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, a autoxestión da
aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas.
Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación
práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega
e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da
Administración electrónica.
Imprimir / Compartir