Traxectoria Profesional: a discriminación e o fin da equipación salarial

6 de outubro de 2020

Logo da publicación no día de onte no DOG do acordo acadado entre a Dirección Xeral de Xustiza e as organizacións sindicais que din "defender os dereitos dos traballadores", confirmáronse os nosos peores augurios no relativo á discriminación que supón para parte dos traballadores e como quedan expulsados os funcionarios interinos da traxectoria profesional. Todo isto levou a que AXG-CUT presentara recurso ante o TSXG. Este acordo supón o fin da equiparación salarial para @s traballadores e traballadoras galeg@s.

É evidente que ante este panorama desolador, para AXG-CUT este acordo, asinado entre a Xunta de Galiza e os sindicatos que negociaron ás costas dos traballadores, é lesivo para todos os que traballamos na xustiza galega e hipoteca o noso futuro.


 

preme para abrir o pdf

preme para abrir o pdf