Sede Xudicial Electrónica

20 de novembro de 2020

"publicado na intranet"

Vense de publicar na intranet actualización para facilitar o traballo dos organos xudiciais.

Na Sede Xudicial Electrónica actívanse novos servizos para a cidadanía que se suman aos xa existentes: • 
Presentación de escrito de contestación á demanda de xuízo verbal 
• Presentación de escrito de trámite xenérico Así mesmo, para facilitar a labor no órgano xudicial, esta nova versión inclúe as seguintes melloras en relación coa recepción en Minerva:
• Catalogación automática en Minerva das tipoloxías documentais máis comúns.
• Rexistro automático da contía en Minerva.
• Introdución no formulario do procedemento monitorio do dato da conta bancaria do demandante para facilitar aos órganos xudiciais a xestión do requirimento de pago ó demandado.

 Podes consultar tódolos detalles da nova versión v. 01.24.00 na folla de novidades e ver máis información sobre a Sede Xudicial Electrónica na guía dispoñible no seguinte enlace. Nesta nova versión tamén se inclúen melloras orientadas aos cidadáns:
• Simplificación do sistema de autenticación para moverse entre presentación de escrito e "A miña carpeta".
• Recuperación dun borrador desde "A Miña Carpeta" no que incorporara documentación antes de gardalo. • Asistencia técnica guiada e automatizada, para axudalo na resolución das súas consultas. Para calquera dúbida ou aclaración podes contactar co Centro de Servizos a Usuarios no teléfono 981 546 223.