AXG-CUT solicita a realización de probas PCR para os funcionarios das instalacións verinenses
22 de xaneiro de 2021
"publicado en prensa"
Etiquetas:
COVID 19
,
pcr
,
Xulgado
O SINDICATO AXG - CUT SOLICITA A REALIZACIÓN DE PROBAS PCR A TODOS OS FUNCIONARIOS DAS INSTALACIÓNS VERINENSES.
Todas as dilixencias sinaladas para este xoves foron esta mañá suspendidas logo de se confirmar un gromo nos xulgados da vila de Verín. O sindicato AXG - CUT solicita a inmediata realización de probas PCR a todo o seu persoal.
Dous funcionarios e unha procuradora son, arestora, os positivos detectados nos xulgados de Verín e que motivaron que esta mesma mañá se suspendesen todas as dilixencias sinaladas para este xoves. Ademais, segundo aseguran fontes da formación sindical AXG - CUT, "están tamén un traballador máis que presenta síntomas e un quinto que está en illamento por ser contacto estreito con dous positivos", din no comunicado remitido solicitando a "inmediata" intervención das autoridades sanitarias para, entre outras medidas, "ampliar a proba PCR a todos os traballadores dos xulgados de Verín e pór en corentena a todos eles ata que non se coñezan os resultados das probas".
Imprimir / Compartir