Amosando publicacións coa etiqueta pcr. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pcr. Amosar todas as publicacións

AXG-CUT denuncia o abandono por parte da Xunta dos traballadores da Xustiza en Galicia

6 de maio de 2021


"publicado en prensa"

Denuncias de abandono na xustiza: “houbo que pagar polas PCR porque o Sergas non as facía”

Funcionarios dos xulgados galegos aseguran que eles e as súas familias están a ser “excluídos” dos cribados masivos por un erro informático. Un sindicato apunta a que os problemas estarían a ter lugar nunha empresa privada contratada pola Xunta. O Sergas nega ter rexistrado problemas.

Conforme pasan as semanas e a vacinación avanza en Galicia vanse sucedendo denuncias de colectivos alertando da súa “exclusión” do proceso de inmunización. O derradeiro berro veu dos profesionais de atención a discapacitados, como informou Galicia Confidencial, pero xa antes se fixeran coñecidas as reclamacións de estudantes, profesorado ou mesmo dúas irmáns galegas cunha enfermidade rara que, malia ter dificultades respiratorias, seguen sen recibir o preparado.

AXG-CUT solicita a realización de probas PCR para os funcionarios das instalacións verinenses

22 de xaneiro de 2021

"publicado en prensa"


O SINDICATO AXG - CUT SOLICITA A REALIZACIÓN DE PROBAS PCR A TODOS OS FUNCIONARIOS DAS INSTALACIÓNS VERINENSES.

Todas as dilixencias sinaladas para este xoves foron esta mañá suspendidas logo de se confirmar un gromo nos xulgados da vila de Verín. O sindicato AXG - CUT solicita a inmediata realización de probas PCR a todo o seu persoal.

AXG -CUT esixe a realización urxente das probas de detección da COVID-19 @s traballador@s de LUGO

17 de setembro de 2020

Tras o gromo de coronavirus nos xulgados de LUGO e o incremento exponencial no número de traballador@s afectad@s, ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT solicita que CON CARÁCTER URXENTE se proceda a realizar as oportunas probas de detección da COVID 19 a tódol@s traballador@s dos órganos xudiciais de LUGO.

MUXEXU E COVID 19: REALIZACIÓN DE TESTS DIAGNÓSTICOS

29 de abril de 2020


Diseño Imagen corporativa de MUGEJU | Bluefactory Studios

"publicado na web de MUXEXU"

INFORMACIÓN SOBRE REALIZACIÓN DE TEST DIAGNÓSTICOS PARA LA DETECCIÓN DEL NUEVO CORONAVIRUS (SARS-CoV-2), Y PARA LA DETECCIÓN DE ANTICUERPOS.