AXG-CUT denuncia o abandono por parte da Xunta dos traballadores da Xustiza en Galicia

6 de maio de 2021


"publicado en prensa"

Denuncias de abandono na xustiza: “houbo que pagar polas PCR porque o Sergas non as facía”

Funcionarios dos xulgados galegos aseguran que eles e as súas familias están a ser “excluídos” dos cribados masivos por un erro informático. Un sindicato apunta a que os problemas estarían a ter lugar nunha empresa privada contratada pola Xunta. O Sergas nega ter rexistrado problemas.

Conforme pasan as semanas e a vacinación avanza en Galicia vanse sucedendo denuncias de colectivos alertando da súa “exclusión” do proceso de inmunización. O derradeiro berro veu dos profesionais de atención a discapacitados, como informou Galicia Confidencial, pero xa antes se fixeran coñecidas as reclamacións de estudantes, profesorado ou mesmo dúas irmáns galegas cunha enfermidade rara que, malia ter dificultades respiratorias, seguen sen recibir o preparado.


“Aquí hai xente que tivo que pagar as súas propias PCR porque o Sergas non facía cribados”, explica Pablo Valeiras, da formación sindical Alternativa na Xustiza. Esta plataforma --vencellada á CUT-- leva semanas denunciando, xunto coa CIG e CC.OO. unha situación de “exclusión” que ata hai poucos días estaba a deixar a boa parte dos funcionarios dos xulgados sen vacina e aos fillos sen dereitos a participar nos cribados masivos; problema este último que segundo as mesmas fontes segue vixente.


Ligazón á noticia.- Galicia Confidencial