Cursos preparatorios probas CELGA (niveis 1, 2, 3 e 4)

17 de febreiro de 2022


"publicado na intranet"


Vense de publicar na intranet; A Secretaría Xeral de Política Lingüística anunciou no DOG do 14 de febreiro a convocatoria de cursos preparatorios para as probas Celga, de niveis 1, 2, 3 e 4, tanto presenciais coma en liña. 

Trátase de catro cursos presenciais de nivel 4 na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo, de tres cursos presenciais de nivel 3 en Lugo, Ourense e Pontevedra e dun curso presencial do nivel 2 en Ourense. 
A formación en liña abrangue 27 cursos dos catro niveis convocados. 

Todas estas actividades formativas terán lugar entre o 21 de marzo e o 12 de maio de 2022.

 As solicitudes deberán facerse na Plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, unicamente se admite unha solicitude por persoa e o prazo é de 15 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio no DOG, é dicir, até o 7 de marzo. Máis información no DOG do 14 de febreiro de 2022. e no web da SXPL.