SIRAX; Migración da información de SIRAX1 a SIRAX2 o 24/06/2022

23 de xuño de 2022

"publicado na intranet"

O vindeiro 24 de xuño, ás 15:00 h, comezará a migración da información de SIRAX1 ao novo sistema SIRAX2, cuxa data de finalización será o 27 de xuño. Durante este tempo deterase o servizo dos sistemas actuais. Revisa e valida a información pendente antes da parada, xa que en caso contrario non será migrada ao novo sistema. SIRAX1 estará dispoñible en modo consulta a letrados/as e tramitadores/as, incluíndo o xestor documental de requisitorias. Se realizas algunha modificación durante a fin de semana, será eliminada o domingo. 
 
As actuacións policiais (*) que deban comunicarse ás FeCSE durante a intervención, poderán remitirse polos seguintes medios: 

Policía nacional: Fax: 9158205/06 - email: dd.senalamientos@policia.es 

Garda Civil: Fax: 915146279/80 - email: pj-oesis@guardiacivil.es 
 
*Lembra que debes anotalas o luns 27 en SIRAX2.

Debes ter en conta o seguinte: 
 
1 A ligazón de acceso a SIRAX2 é https://siraj2.justicia.es. Os navegadores recomendados son Edge, Firefox e Chrome.
 
2 Recoméndase o acceso por medio de certificado electrónico. Se careces de certificado, deberás empregar o usuario e contrasinal cos que accedes a SIRAX1 (o de Penados). 
 
3 Só no caso de que non poidas acceder coas túas credencias de SIRAX1, accederás coas claves do Repositorio de Xestión de Usuarios (XDU). Neste caso: O usuario de SIRAX2 será o DNI coa letra maiúscula (ex.: 12345678Z). O contrasinal será o mesmo que esteas a empregar en Ainoa ou noutras aplicacións do Ministerio que fagan uso do XDU. Se tes problemas de acceso, lembra contactar co Centro de Atención a Usuarios do Ministerio de Xustiza para restablecer o teu contrasinal. Podes facelo a través da web de autoservizo, da páxina do CAU do MXU, do correo electrónico ou do número de teléfono 913859800. 
 
4 A partir do 20 de xuño poderás confirmar que o teu usuario é valido en XDU indentificándote en SIRAX2 e comprobando que aparece a pantalla inicial coa cabeceira. 
 
5 Está dispoñible o documento Comprobación de acceso ao novo sistema, que podes consultar se o precisas. 
 
6 Se NON te conectas por medio da rede Sara, deberás comprobar que podes acceder ás seguintes ligazóns: https://siraj2.justicia.es e https:cas.justicia.es
 
7 É recomendable que empregues Adobe Acrobat Reader DC. O persoal adscrito ao Territorio Ministerio, dispón da versión compatible Adobe Reader XI. 8 O traballo desde a aplicación poderase realizar a partir da posta en produción o 27 de xuño. Se detectas algunha incidencia á hora de empregar SIRAX2, consulta o documento Incidencias presentes na apertura de Penal e o seu tratamento.