Persoal interino; URXENTE, listaxe bolsa interinos Admón. de Xustiza

29 de xullo de 2022


"publicado na intranet"

 
POR PROTECCIÓN DE DATOS ESTE SINDICATO NON COLGA OS LISTADOS COS NOMES DIRECTAMENTE. 


Vense de publicar na intranet; Publicada a listaxe de persoas admitidas e excluídas das boldas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza 29/07/22.

Saíu publicada, con data do 28 de xullo de 2022, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se aproban as listaxes resultantes de persoas admitidas e excluídas das bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza convocadas pola resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 28 de xaneiro de 2022. 

As listaxes poderán consultarse tamén a través da OPAX (https://opax.xunta.es), seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".

Aquelas persoas aspirantes que estean incluídas en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberán seleccionar aquela única na cal desexen quedar. O prazo para elixir bolsa (10 días hábiles) habilitarse entre o 29 de agosto e o 9 de setembro. 

A elección deberá realizarse telematicamente, cubrindo necesariamente o formulario electrónico dispoñible na aplicación informática. Unha vez cuberto o formulario, deberase presentar de xeito electrónico a través da OPAX. Se non o fixeran, entenderase que desisten de todas as súas solicitudes. 

As persoas que unicamente solicitasen formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a dita elección.

•Resolución da DXX pola que se aproban as listaxes resultantes de persoas admitidas e excluídas das bolsas de traballo de persoal interino 

•ZIP cas listaxes resultantes 29/07/2022