"publicado no DOG"
EGAP; conferencia O dereito cidadán á boa Administración
15 de marzo de 2023
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2023 pola que se convoca, con motivo da
xornada de presentación da Semana do Goberno aberto, a conferencia O dereito
cidadán á boa Administración.
A Semana do Goberno aberto é unha iniciativa impulsada a nivel mundial pola Alianza
para o Goberno aberto (Open Gov Week), cuxo obxectivo principal é achegar as administracións públicas á cidadanía, baseándose nos principios do Goberno aberto: transparencia, rendición de contas, participación cidadá, integridade pública e colaboración.
Modalidade: presencial. 
Data: 20 de marzo de 2023.
Horario: das 12.00 ás 14.00 horas. 
Horas lectivas: 2. 
Número de prazas
Limitado pola capacidade do local. 
Inscrición
1. As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>. 
Imprimir / Compartir
