Amosando publicacións coa etiqueta XUNTA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XUNTA. Amosar todas as publicacións

Calendario laboral 2024

29 de febreiro de 2024


"publicado no DOG


Vense de publicar no DOG, RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, sobre os horarios e o calendario laboral das oficinas da Administración de xustiza en Galicia para 2024.

A Xunta nega o 95% das peticións dos sindicatos, deixando a Galicia por debaixo doutras Comunidades transferidas.


AxG-CUT denuncia a supresión prazas promoción interna Xestión

26 de febreiro de 2024

AXG-CUT DENUNCIA AS MENTIRAS DA XUNTA


A Xunta suprimiu sen previo aviso 45 prazas que ofertara á promoción interna para o corpo de Xestión Procesual.

Só oferta 2 prazas para o cupo xeral, e deixa fóra ás persoas con discapacidade que non poderán acceder polo turno reservado para elas.






Permiso retribuído para incorporación ao posto de traballo

23 de febreiro de 2024


"presentado ante a Dirección Xeral"

A poucos días da toma de posesión dos novos funcionarios de Tramitación Procesual, dende AXG-CUT solicitamos que a Dirección Xeral publique unha circular sobre o permiso retribuído para funcionarios que accedan a outros corpos ou escalas, recollido na Disposición Adicional Quinta do R.D 364/1995, de 10 de marzo, igual que fixo o Ministerio no ano 2021 e 2023 (a través de sendos oficios), e que notificou ás CCAA transferidas.

 Para o Ministerio de Xustiza este permiso ten por obxecto que todo o persoal que se atope prestando servicios na Administración e acceda a un Corpo ou Escala por quenda interna ou libre, desfrute dun permiso retribuído para incorporarse ao seu posto de traballo.

 A Xunta debe facer pública unha circular similar á do Ministerio onde se recolla este permiso.



EGAP; Actividades formativas en competencias dixitais ComDix

25 de setembro de 2023


"publicado no DOG"



Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2023 pola que se convocan actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais ComDix para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza; das entidades locais de Galicia.

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen no anexo II desta resolución.
A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web
 
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 4 de outubro de 2023

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a dúas.

A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria para a matrícula serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>. As dúbidas relativas ao Marco galego de competencias dixitais e ao certificado galego de competencias dixitais en https://competenciasdixitais.xunta.gal/.

AXG-CUT traslada su preocupación pola "inseguridade" na que pode quedar a Cidade da Xustiza

5 de setembro de 2023


"publicado en prensa"

El nuevo concurso de la Xunta prevé eliminar a cuatro de los nueve guardias privados de seguridad.

El juez decano de Vigo ha enviado una carta a la Dirección Xeral de Xustiza y al Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para pedir que se conserve el mismo nivel de seguridad en la Cidade da Xustiza de Vigo, ya que un nuevo concurso público prevé eliminar a 4 de los 9 vigilantes. La Xunta alega que ahora solo deben vigilar dos sedes y no seis como antes.

El sindicato AXG-CUT envió un escrito al TSXG para recordar que «nos atopamos nun nivel alto (4) de alerta antiterrorista», que la Cidade da Xustiza ocupa 47.000 metros cuadrados y que dos de las tres entradas están cerradas porque el número de vigilantes actuales no llega para cubrir estos accesos.


Probas Certificados CELGA 2, 3 e 4

4 de setembro de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).
---

Realizar a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2, 3 e 4, no ano 2023, con código de procedemento administrativo PL500C. 2.
 
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www. lingua.gal).

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. 
Localidade: Santiago de Compostela; Celga 2 Celga 3 Celga 4 
Localidade: Ponferrada;  Celga 2 Celga 3 Celga 4 

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

AXG-CUT denuncia a supresión dun reforzo no xulgado de Violencia

31 de agosto de 2023


"publicado en prensa"

El juzgado de Violencia de Género de Vigo se queda sin refuerzo en plena crisis.

Tras el brote de covid y con el peor inicio de año en un lustro, se suprime el funcionario de apoyo aprobado en marzo. La Xunta dice que fue una medida excepcional por el crimen de Baiona.
Los problemas en el Juzgado de Violencia sobre la Mujer de Vigo se multiplican. Tras la merma de personal por un brote de covid la semana pasada y en mitad de un año que comenzó con los peores datos en un lustro, ahora se queda sin el funcionario de refuerzo nombrado el pasado mes de marzo. 



La Xunta ha decidido suprimir dicho refuerzo a final de mes (es decir a partir de mañana), ya que asegura que la necesidad para la que fue solicitada esta medida finalizó. En concreto, fuentes de Xustiza aseguraron que el apoyo de personal se aprobó por la causa con jurado que se tramitaba por el asesinato ocurrido en Baiona y que, aunque en principio fue autorizada por tres meses, fue renovada por otros dos más, a petición de la unidad judicial por cuanto estaban pendientes las investigaciones.

El personal, a través del sindicato Alternativas na Xustiza-CUT, asegura no obstante que el refuerzo se aprobó tras sus denuncias por el número de horas que pasaban tanto los trabajadores, como las víctimas y abogados en el juzgado, llegando muchas veces a jornadas de entre diez y doce horas.

Webinario. As claves para a definición dun estatuto do persoal directivo publico profesional.

15 de maio de 2023


"publicado no DOG"



Vense de publicar a RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2023 pola que se convoca o webinario As claves para a definición dun estatuto do persoal directivo público profesional.

Convocar, no marco do Ciclo de conferencias sobre presente e futuro do emprego público na Administración pos-COVID, o webinario As claves para a definición dun estatuto do persoal directivo público profesional, de acordo coas bases que se indican a continuación: 

Primeira. Obxectivos e contidos Analizar a figura do directivo público profesional, escasamente desenvolvida en España a partir das previsións do Estatuto básico do empregado público, expoñendo a recente regulación da figura nalgunhas comunidades autónomas e no dereito comparado. Así mesmo, apuntaranse as claves de conformación dun estatuto do directivo profesional a partir das recomendacións da OCDE. 

Segunda. Persoas destinatarias Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Terceira.  Data: 25 de maio de 2023. Modo de impartición: telepresenza. Horario: das 12.00 ás 14.00 horas. Duración: 2 horas lectivas.


O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 21 de maio de 2023.

Cursos de Linguaxe Xurídico para persoal destinado fóra da Comunidade


"publicado no DOG"


Vense de publicar no DOG, RESOLUCIÓN de 5 de mayo de 2023 por la que se convocan cursos de lenguaje jurídico gallego para el año 2023, destinados al personal al servicio de la Administración de justicia que preste servicios fuera de la Comunidad Autónoma de Galicia.

Con el objeto de impulsar la normalización lingüística en la Administración de justicia, se convoca un curso de lenguaje jurídico gallego nivel medio y uno superior en la modalidad de teleformación. 

El número de plazas de cada curso será de 25. Los cursos se impartirán según se indica a continuación

FX23002 Curso medio de lenguaje jurídico gallego 75 horas  de teleformación  4.9.2023 a 5.11.2023  Examen final 11.11.2023.

FX23004 Curso superior de lenguaje jurídico gallego 75 horas de teleformación  4.9.2023 a 5.11.2023 Examen final 11.11.2023

El plazo de presentación de solicitudes será desde el día siguiente al de la publicación de esta resolución en el Diario Oficial de Galicia y hasta 26 de mayo de 2023.

El personal que desee participar en los cursos convocados en esta resolución deberá cubrir el formulario de matrícula telemática en la página web de la EGAP https://egap.xunta.gal/matricula.

En el plazo de presentación de solicitude las personas solicitantes deberán enviar por correo electrónico a la dirección xestion.egap@xunta.gal, junto con una copia del formulario de solicitud, la siguiente documentación: 1. Documento que acredite la antigüedad en la Administración de justicia tomando como referencia la primera toma de posesión. 2. En su caso, la documentación complementaria que acredite circunstancias específicas (discapacidad, permiso de maternidad, etc.) a efectos de la selección.

Preme no enlace para acceder ao contido completo.


Plan anual de vacacións 2023

12 de maio de 2023


"publicado na intranet"

Vense de publicar na intranet; A Dirección Xeral de Xustiza aprobou o Plan anual de vacacións 2023 para o persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza (corpos de médicos forenses, de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial), en servizo activo, que presten servizos na Administración de xustiza en Galicia.


E-martes; Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia

2 de maio de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2023 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia.

Desenvolvemento
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. 
Data: o martes 9 de maio de 2023. 
Horario: de mañá e tarde. 
Duración: 7 horas lectivas. 
Quinta. Número de prazas Corenta e cinco (45). 
Sexta. Inscrición 1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 4 de maio de 2023. 
Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

EGAP; xornada sobre intervención con menores

21 de abril de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2023 pola que se convoca unha xornada sobre intervención con menores.

Denominación: xornada sobre intervención con menores. 
Tipo: xornada. 
Horas lectivas: 4 horas. 
Modalidade: presencial. 
Data: 5 de maio de 2023. 
Persoas destinatarias. Persoal das forzas e corpos de seguridade, xudicatura, Ministerio Fiscal e demais persoal interesado. 
Prazas ofertadas: sen límite.

O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal.

EGAP; Cursos prevención riscos laborais de nivel básico

16 de marzo de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2023 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Poderán participar nesta actividade formativa os empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais. 

A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>


O prazo de presentación de solicitudes será do 17 ao 27 de marzo de 2023.

EGAP; conferencia O dereito cidadán á boa Administración

15 de marzo de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2023 pola que se convoca, con motivo da xornada de presentación da Semana do Goberno aberto, a conferencia O dereito cidadán á boa Administración.

A Semana do Goberno aberto é unha iniciativa impulsada a nivel mundial pola Alianza para o Goberno aberto (Open Gov Week), cuxo obxectivo principal é achegar as administracións públicas á cidadanía, baseándose nos principios do Goberno aberto: transparencia, rendición de contas, participación cidadá, integridade pública e colaboración.

Lugar: salón de actos da EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. 
Modalidade: presencial. 
Data: 20 de marzo de 2023.
Horario: das 12.00 ás 14.00 horas. 
Horas lectivas: 2. 
Número de prazas Limitado pola capacidade do local. 
Inscrición 1. As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>.

EGAP; actividades de formación continua

13 de marzo de 2023


"publicado no DOG"

Con data 10 de marzo publicouse no DOG; RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2023 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas, incluído o persoal que teña concedido un permiso por coidado de familiar,....

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 20 de marzo de 2023. As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo  <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. 

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

Convocatoria de probas para a obtención dos certificados Celga 1,2,3 e 4 no ano 2023

6 de marzo de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).

----

Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2023, con código de procedemento administrativo PL500C. 

Persoas destinatarias. 

As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras. 

Datas de realización das probas. As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio/xuño de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. 
As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal). 
Localidades onde se van realizar as probas e niveis. As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

AXG-CUT urxe o octavo xulgado civil en Ourense

3 de marzo de 2023

"publicado en prensa"

Alternativas na Xustiza urge el octavo juzgado civil de Ourense.



La saturación que padecen los juzgados de instancia de la ciudad (hay siete civiles) ha centrado la última petición a la Xunta y el TSXG del sindicato Alternativas na Xustiza. Esta organización pide un nuevo juzgado para Ourense y, mientras no se materializa, urge la dotación de más personal de refuerzo. “Esta petición xa era previa á folga de letrados da Administración de Xustiza. A Xunta non pode escudarse ná folga dos LAX para xustificar a súa inacción respecto a situación dos xulgados de instancia de Ourense. Si a situación antes da folga xa era dramática e nos colocaba a cola de España, despois da folga LAX aínda se complicará máis. A Xunta debe asumir as súas responsabilidades ná xestion da Xustiza”, explica Nuria Fornos.

O xulgado de garda estrease hoxe na Cidade da Xustiza

28 de febreiro de 2023


"publicado en prensa"

El juzgado de guardia se estrena hoy en la Cidade da Xustiza.


Las nuevas instalaciones fueron remodeladas tras las quejas trasladadas por los jueces de Instrucción a la Xunta.




El Juzgado de Instrucción 1 de Vigo será el encargado de estrenar hoy las instalaciones del nuevo juzgado de guardia de la Cidade da Xustiza, que han sido remodeladas para adaptarse a las necesidades del servicio. La Xunta recogió las reclamaciones de los jueces de Instrucción y reorganizó espacios para cumplir con las necesidades exigidas. Así, la sala que inicialmente estaba pensada para descanso en previsión de unas futuribles guardias 24 horas, se ha reconvertido en el lugar para que los abogados puedan encontrarse con sus clientes, sin tener que hacerlo en los pasillos, como hasta ahora.

EGAP; actividades formativas do Plan Ofimático de Galicia

13 de febreiro de 2023

"publicado no DOG" 

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2023 pola que se convocan as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Unha vez aprobado o programa de actividades formativas da EGAP para o ano 2023 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio,  procede convocar as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia desenvolvido pola EGAP xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II e que deberán desenvolverse conforme as bases detalladas no anexo I.

Convócanse 2.000 prazas en accións formativas impartidas na modalidade de teleformación integradas no Plan formativo ofimático de Galicia.

Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza,...e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen no anexo II desta resolución. 
A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 20 de febreiro de 2023
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres.

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

EGAP; Webinario de mellora da xestión do ciclo integral da auga

"publicado no DOG" 



Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2023 pola que se convoca o webinario A Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga.

Desenvolvemento 
Data: mércores 22 de febreiro de 2023. 
Modalidade: telepresenza.
Horario: das 12.00 ás 14.00 horas. 
Duración: 2 horas lectivas.
Número de prazas Cen (100). 
Inscrición  As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>
O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 17 de febreiro de 2023.