"publicado no DOG o 4 xullo"
Convocatoria Bono Concilia Familia 2023.
5 de xullo de 2023
"publicado no DOG o 4 xullo"
ORDE do 22 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión das axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Concilia Familia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para a atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares, que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 8 de setembro de 2023.
Para os efectos desta orde, entenderanse como períodos de vacacións escolares os seguintes:
– Do 1 ao 6 de xaneiro.
– Os días 20, 21 e 22 de febreiro.
– Do 3 ao 10 de abril.
– Do 22 de xuño ao 8 de setembro.
Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono Concilia Familia os pais/nais e as persoas titoras de nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos, ou as persoas que os/as teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e estean nos supostos seguintes:
a) Que o neno ou a nena sexa menor de trece anos no momento en que se produce o suposto para o cal se solicita a axuda.
b) Que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais ou pais/nais con custodia non compartida estean efectivamente traballando, tanto no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena como por necesidades en períodos de vacacións escolares.
Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo en que esta se exerza efectivamente e, nestes casos, cada pai/nai deberá presentar unha solicitude individual.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 15 de setembro de 2023. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Accede o contido completo premendo no enlace.
Imprimir / Compartir