Comisións de servizo; nova oferta de postos para cubrir entre titulares

27 de outubro de 2023


"publicado na intranet"

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

Poderá participar o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover. 

O persoal funcionario que á data da publicación desta convocatoria estea desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución, poderá participar na convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisionsservizo).