Imos necesitar en pouco tempo un ordenador máis grande que a Cidade da Cultura
13 de novembro de 2023
"publicado en prensa"
Ligazón á noticia do Faro de Vigo.-
Etiquetas:
papel cero
,
Xulgados
Hai tempo que, nos xulgados galegos, a expresión ‘papel cero’ corre con retranca entre os funcionarios, grandes coñecedores de que esa expresión queda moi grande na realidade da administración de xustiza. Partindo dunha escasa ou nula formación dos funcionarios (peza clave para o éxito do proceso), vemos como a Xunta adica todos os seus esforzos orzamentarios a dar cursos de informática de forma exclusivamente telemática, o que deriva nunha sorte de “titulitis” sen coñecemento real. Que empresa faría un cambio informático sen ofrecer formación práctica aos seus traballadores?..
Podémonos atopar con traballadores coma os da Audiencia Provincial, que manifestan claramente non saber enviar ao Tribunal Supremo os procedementos polo acceso de xeito telemático. Outros expresan a súa falta de formación práctica para utilizar as aplicacións para contidos de gran capacidade. Noutros xulgados, coma os do Social, atópanse dificultades de acceso ao expediente por todos aqueles avogados que non estean colexiados (INSS, Sergas, Concellos, etc).
O acceso aos procedementos por avogados e procuradores non é automático. É o funcionario quen ten que dar acceso manualmente, un a un. Nalgún caso non se pode realizar por disfuncións do sistema.
Imprimir / Compartir