"publicado no DOG"
WEBINARIO; O teletraballo na Administración autonómica
13 de novembro de 2023
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2023 pola que se convoca o webinario sobre
Unha función pública estratéxica: o teletraballo na Administración autonómica.
Análise xurídico-administrativa.
Este webinario persegue o obxectivo de analizar a singularidade do teletraballo no sector público e as múltiples implicacións que ten desenvolvelo no marco da organización administrativa.
Desenvolvemento
Data: 30 de novembro de 2023.
Modo de impartición: telepresenza.
Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
Duración: 2 horas lectivas.
Número de prazas
Cen (100).
Inscrición
1. As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo
https://egap.xunta.gal/matricula.
O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil
seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas
do día 23 de novembro de 2023.
Imprimir / Compartir