Publicáronse na Intranet novos contidos formativos da aplicación EXPURGO

25 de marzo de 2014

Desde Alternativas-Xustiza esiximos á Dirección Xeral de Xustiza a paralización dos traballos de expurgo que xa se están realizando nalgúns xulgados ata que se produza unha negociación das condicións en que se realizará o devandito labor, co fin de garantir a dotación de persoal e material suficiente para que estes traballos non interfiran no normal funcionamento dos xulgados, así como para que se cumpran rigorosamente as medidas de seguridade e hixiene na consulta dos expedientes
Publicáronse na Intranet novos contidos formativos da aplicación EXPURGO, coa fin de amosar aos usuarios da aplicación como realizar os seguintes procesos:

· Introdución a EXPURGO

· Rexistrar un novo expediente

· Realizar a procura dun expediente dado de alta na aplicación

· Crear e xestionar relacións documentais

Pode consultar os contidos premendo nos enlaces.
Desde Alternativas-Xustiza esiximos á Dirección Xeral de Xustiza a paralización dos traballos de expurgo que xa se están realizando nalgúns xulgados ata que se produza unha negociación das condicións en que se realizará o devandito labor, co fin de garantir a dotación de persoal e material suficiente para que estes traballos non interfiran no normal funcionamento dos xulgados, así como para que se cumpran rigorosamente as medidas de seguridade e hixiene na consulta dos expedientes arquivados