Solicitamos a cobertura inmediata da praza de Auxilio no Servizo Común de rexistro e reparto de Lugo

15 de febreiro de 2017

"escrito remitido á Dirección Xeral de Xustiza"

O Servizo Común de rexistro e reparto dos xulgados da cidade de Lugo é unha figura imprescindible na canalización de todo o traballo dos xulgados.Naceu cun cadro de persoal moi por debaixo do mínimo necesario o que fai necesario que cando un dos traballadores cae de baixa a súa praza se cubra de maneira inmediata.

Dende finais de xaneiro, a traballadora que realizaba as funcións do corpo de Auxilio xudicial está en situación de Incapacidade Temporal como consecuencia dunha caída que lle provocou lesións no pulso.

Alternativas na Xustiza-CUT(AXG-CUT) solicitou, dende o primeiro momento, tanto á Delegación Territorial de Xustiza como á Secretaria Coordinadora a cobertura da praza de maneira inmediata, xa que as funcións que realizaba a traballadora, agora de baixa, eran moitas e imprescindibles para o bo funcionamento do Servizo de Rexistro:

-Realización do correo da oficina do Decanato e clasificación da correspondencia que chega a tódalas oficinas do Novo Edificio Xudicial ( 16 XULGADOS), IMELGA, SCNE, Oficina del Rexistro Civil e Oficina de Informática.

-Recoller e selar a presentación de escritos e demandas así como as querellas que sexan presentadas na Oficina do Decanato, que ven sendo unha das funcións constantes na devandita oficina, atender o teléfono e infomar ós usuarios que se achegan a demandar información.

-Trasladar no día o reparto e documentación urxente que foi rexistrada nas oficinas aos destinatarios (causas con preso, internamentos, asuntos urxentes contenciosos de especial urxencia (art. 135 LXCA), así como trasladar copias aos Maxistrados das actas das Xuntas de Xuíces e circulares que sexan necesarias entregar persoalmente.

-A realización de fotocopias e triturado de papel de información comprometida, requirimentos e envío de fax, xestionar a Sala de Videoconferencia comprobando no dietario si as peticións dos distintos órganos xudiciais poden realizarse, tendo o seu cargo as chaves da devandita sala, as da biblioteca, etc... para a súa entrega o persoal que as demande.

-Realizar tarefas de arquivo, colocando e arquivando a documentación en cada materia ( Actas de Xuntas de Xuíces, Circulares, Relación de Peritos, etc....).

Polo antes exposto solicitamos a cobertura da praza a menor brevidade posible e solucionar desta maneira o caos que se esta a vivir no Servizo e que está repercutindo de maneira directa no propio centro e no resto de Xulgados.

Se non se cubre a praza dende AXG-CUT tomaremos as medidas de presión que consideremos oportunas.

En Lugo, 15 de febreiro de 2017.

Pablo Valeiras Rios
Responsable de AXG-CUT

cobertura praza