A CORUÑA (EDIFICIO PROA): 17/02/17 ÁS 09.00 HORAS
VIGO (SALON DE ACTOS COLEXIO AVOGADOS): 17/02/17 ÁS 13.15 HORAS
PONTEVEDRA (SALA DE VISTAS NÚM. 5, EDIFICIO A PARDA): 24/02/17 ÁS 12.30 HORAS
A lamentable xestión das Quendas de atribucións por parte da Administración a ampliación das funcións (videoconferencias) recollidas no artigo Noveno da Resolución do 7 de maio de 2008, e o incumprimento da Normativa vixente sobre os centros de destinos provocou que a maioría dos traballadores que estaban na Quenda se deran de baixa, quedando actualmente só 4 persoas.
Dende Alternativas na Xustiza-CUT consideramos necesario tomar medidas para esixir:
A. “Que se cree unha quenda voluntaria e incentivada na que se pague por atribución efectiva realizada e non por dispoñibilidade coma é a día de hoxe.
B. Que non se utilice, como ocorre actualmente, a quenda para cubrir as baixas de longa duración, co fin de aforrar cartos ao non nomear un interino ou facer substitucións.”
C. Creación de prazas de Auxilio Xudicial no Servizo de Apoio para a realización de Videoconferencias, Sala, Correo Urxente, etc..
D. E para evitar calquera intento por parte da Delegación de facer chamamentos urxentes e ilegais (incumprindo o art. 51 do R.D 249/1996, do 16 de febreiro, o art. 74.2 do regulamento de Ingreso e a Lei Orgánica do Poder Xudicial e as distintas sentenzas).