Resumo da mesa sectorial de 13 xullo 2017

14 de julio de 2017

Coa unidade de todos os sindicatos, excepto a cig (ultimo sindicato en representación) e CCOO (sen representación na mesa) logramos paralizar a mesa á que fomos convocados pola Dirección Xeral de Xustiza, pois ningún dos puntos da orde do día eran obxecto de mesa sectorial, esixindo ademais convocatoria urxente para negociar a Nova Oficina Xudicial, Normativa ITs e CAT, que en tantas ocasións solicitamos por escrito.


Os feitos desenvolvéronse do seguinte xeito:

Modificación das amortizacións nas seccións penais. Despois dos escritos remitidos por AXG-CUT e denuncias formuladas nos medios de comunicación, a Dirección Xeral de Xustiza non ten máis remedio que dar un paso atrás coas amortizacións practicadas nas Audiencias Provinciais de Galicia, informándonos que nas seccións penais, en lugar de amortizar dúas prazas do corpo de tramitación procesual e administrativa, soamente amortizarán unha, si ben manteñen o resto das amortizacións.

Para AXG-CUT isto non é suficiente e por iso solicitamos documentación por escrito para facer alegacións, e defender que se revoguen todas as amortizacións practicadas tanto na seccións civís como penais en tódolos corpos (Xestión, Tramitación e Auxilio) e paralicen as que aínda non se levaron a cabo.

Persoal de reforzo. Solicitamos información máis detallada para poder formular alegacións e convocatoria de mesa técnica.

Identificación do persoal funcionario nos Servizos de Notificacións e Embargos. A Dirección Xeral de Xustiza informa que se expedirá tarxeta identificativa que levará un código alfanumérico, sen identificación de nome e DNI. Así mesmo conterá foto, corpo ao que pertence e órgano onde presta os seus servizos.

Modificación da Rpt Imelga. AXG-CUT, Uxt e Staj opuxémonos a tratar este tema en mesa sectorial, pois aínda que estamos de acordo coa ampliación do persoal (4 Médicos Forenses- 1 en Santiago, 1 en A Coruña, 1 Ourense y 1 en Pontevedra), entendemos que á par se debe negociar tamén condicións retributivas, funcións, etc…

Ante a negativa da DXX e apoio de Uso, Csif, Cig e CCOO, levouse adiante este punto, sendo aprobado en mesa sectorial.

Orde pola que se establecen criterios para a cobertura de postos vacantes mediante comisión de servizos. Consideramos intolerable que a Administración pretenda incluír este punto directamente en mesa sectorial, sen ser tratado anteriormente en mesas de traballo, sobre todo se temos en conta que afecta a funcionarios galegos destinados dentro e fóra da Comunidade autónoma de Galicia. Esiximos convocatoria de mesa técnica para empezar a traballar sobre o documento facilitado pola DXX.

Orde sobre selección e nomeamento de interinos. A actitude belixerante de AXG-CUT e dos funcionarios interinos (co envío de centos de faxes) foi clave para que a Dirección Xeral aceptase a convocatoria dá Mesa Técnica e non levar a definitivo ou último borrador, onde se negociaron aspectos tan relevantes como a antigüidade, puntuación galego, etc…

Por último, a DXX convocará a todas as organizacións sindicais en setembro, coa seguinte orde do día: NOVA OFICINA XUDICIAL, NORMATIVA ITS e CAT.

En Galicia, 14 de xullo de 2017.