ACTUALIZADO: servizos mínimos 25 X

24 de xaneiro de 2018

"publicado no DOG"


ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 25 de xaneiro de 2018 nos centros de traballo da Administración de xustiza de Galicia.
ligazón DOG

  Polo tanto, considéranse SERVIZOS MÍNIMOS ESENCIAIS:

– Actuacións do Rexistro Civil.

– Rexistro de asuntos en que venza un prazo preestablecido por lei.

– Todas aquelas actuacións en que venza un prazo establecido na lei cuxo incumprimento poida supor unha perda de dereitos ou un prexuízo nestes.

– Medidas precautorias ou provisionais.

– Servizos de garda de xulgados, fiscalías e Instituto de Medicina Legal de Galicia.

– Xuízos orais na orde penal de causas con preso.

– As actuacións relativas á violencia de xénero nos xulgados de violencia sobre a muller, sexan ou non exclusivos.


 SERVIZOS MÍNIMOS NOS CENTROS DE TRABALLO:




Nas seccións penais e mixtas das audiencias provinciais e nos xulgados do penal: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 funcionario/a de auxilio por cada dúas seccións ou xulgados.

Nos xulgados de menores: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.

Nos xulgados de violencia sobre a muller: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a e 1 funcionario/a de auxilio.

Nos xulgados de instrución de garda: o equipo de persoal que presta o servizo de garda.

Nos xulgados de primeira instancia e instrución de garda: o equipo de persoal que presta o servizo de garda.

Nas oficinas de fiscalías: 1 funcionario/a por cada oficina e os/as funcionarios/as que presten o servizo de garda.

Nas subdireccións territoriais do Instituto de Medicina Legal: o equipo de persoal que presta o servizo de garda.

Nos rexistros civís principais e delegados: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.

Nas oficinas de rexistro e repartición e nos decanatos dos xulgados que realizan as ditas funcións nas cidades: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.