Amosando publicacións coa etiqueta servizos mínimos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta servizos mínimos. Amosar todas as publicacións

Fase III da desescalada da COVID-19: 9 XUÑO

29 de maio de 2020

"publicado na página web do Ministerio"

Ministerio, CGPJ, Fiscalía y comunidades acuerdan avanzar hacia la fase 3 en el plazo previsto, a partir del próximo 9 de junio.

UNHA VEZ MÁIS A XUNTA PON EN RISCO A SAÚDE D@S TRABALLADOR@S

26 de maio de 2020


Despois da reunión do día de onte coa DXX para continuar a reunión do comité de saúde adiada o pasado venres, día 22, unha vez máis quedan "á luz" as eivas da DXX na prevención frente a COVID 19.

DXX. Servizos mínimos na fase II da desescalada

25 de maio de 2020

Resolución do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que, dando traslado ao ámbito da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia da Orde JUS/430/2020, do 22 de maio, se determina a fase 2 do Plan de desescalada.

O pasado 9 de maio o Boletín Oficial del Estado publicou a Orde JUS/394/2020, do 8 de maio, pola que se aproba o Esquema de seguridade laboral e o Plan de desescalada para a Administración de xustiza ante a COVID-19, logo do Real decreto lei 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza.

AXG-CUT esixe á DXX un retorno ao traballo coas medidas de seguridade precisas

24 de abril de 2020


Lendo os distintos documentos e declaracións do CXPX, TSXG, e da Administración de Xustiza, todos eles deixan en evidencia, unha vez máis, que PRIMAN OS CRITERIOS ECONÓMICOS E LABORAIS (FORZADOS) POR RIBA DOS SANITARIOS E DA SAÚDE D@S TRABALLADOR@S.

Para ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT , a elaboración de calquera PLAN DE CHOQUE débese traballar na "folla de ruta" de cómo de xeito escalonado @s traballador@s se vaian incorporando aos seus postos e, supeditado sempre, ás  limitacións que hai nos edificios xudicias e que son incompatibles coa contención  do COVID-19 (que supón un alto risco de exposición ao virus).

Novos servizos mínimos DXX 14.04.2020

14 de abril de 2020

"remitido pola DXX"
A DXX acaba de enviar os novos servizos mínimos para a CCAA galega:

Novo cadro de servizos mínimos ditados polo Mº de Xustiza

13 de abril de 2020



RESOLUCIÓN DEL MINISTRO DE JUSTICIA DE 13 DE ABRIL DE 2020 POR LA QUE SE ADAPTA LA PRESTACIÓN DEL SERVICIO PÚBLICO DE JUSTICIA AL REAL DECRETO 487/2020, DE 10 DE ABRIL

A súa entrada en vigor será o día 15 DE ABRIL. 

COVID-19:UN DÍA DESPOIS, RESOLUCIÓN DA DXX sobre mínimos: "COPIA + PEGA" DA DO Mº XUSTIZA

31 de marzo de 2020


Cun día de demora, e seguro que despois de horas e horas de estudio da resolución do Ministerio de Xustiza e do informe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA acaba de remitir a RESOLUCIÓN DE 31 DE MARZO DE 2020, DA DXX, POLA QUE ADAPTA A COBERTURA DOS SERVIZOS MÍNIMOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA AO RDL 10/20, de 29.3.2020.

26 HORAS DESPOIS, dita unha RESOLUCIÓN que é "copia  CASE exacta e literal" do contido da resolución do Ministerio de Xustiza.

Ata tal extremo, que está REDACTADA EN CASTELÁN.

A opacidade na xestión do COVID-19 pola DXX nos medios


Despois da declaración do estado de alarma, das diferentes resolucións ditadas pola Dirección Xeral de Xustiza establecendo os servizos mínimos presenciais nos xulgados e tribunais galegos,  e, logo de ditarse o RD 10/20, e emitir o Ministerio de Xustiza unha nova instrución de mínimos para o territorio non transferido, no seo dunha comisión integrada polo CXPX/TSXG e o propio Mº, compre facer unha reflexión e todo o acontecido e, no seu momento, corresponderá esixir responsabilidades.

Ligazón ao audio (ENTREVISTA PABLO VALEIRAS - CADENA SER VIGO)





COVID-19: Resolución definitiva do Mº Xustiza de servicios esenciais acorde RD 10/20

30 de marzo de 2020



Visto o contido da resolución do Ministro de Xustiza pola que se adapta a cobertura dos servicios esenciais da admón de xustiza ao RD 10/2020 de 29 de marzo, a efectos de poder levar a cabo esta disminución da presencialidade é necesario que a Xunta de Galicia elabore unha resolución adaptando as disposicións xerais previstas polo Ministerio, concretando qué traballadores son os que deben efectuar os servizos esenciais de forma presencial.

NOTA PRENSA E POSICIÓN DE ALTERNATIVAS NA XUSTIZA CON RESPECTO AO POSITIVO DE COVID19 NA XUSTIZA GALEGA

29 de marzo de 2020


"publicado nos medios"


A opacidade ou omisión voluntaria e consciente de información aos representantes dos colectivo da xustiza  e, polo tanto,  @s traballador@s por parte da Dirección Xeral de Xustiza é total.

XULGADO DE GARDA ÚNICO SERVIZO ESENCIAL XA!!



PREME PARA AMPLIAR






A DXX reduce o número de mínimos pero os EPIs para os traballadores non chegan

26 de marzo de 2020


"publicado en prensa"

La Dirección Xeral de Xustiza reduce los servicios mínimos en los Juzgados de la comarca

Alternativas na Xustiza-CUT había denunciado esta situación debido a la parálisis de muchos de los procesos.

Las puertas de los Juzgados de Ferrol muestran el nuevo horario y carteles informativos sobre las medidas por la pandemia | d.A.
IMAXE DOS XULGADOS DE FERROL COS NOVOS HORARIOS
E INDICACIÓN DA PANDEMIA

Al igual que en el resto de administraciones, la actividad en los Juzgados de la comarca se encuentra prácticamente paralizada, salvo aquellos casos “de urxencia, inaplazables e que provocan un perxuízo aos cidadáns irreparable”, como detalla el sindicato Alternativas na Xustiza-CUT. 

Resumo servizos mínimos nos xulgados por mor do COVID 19

25 de marzo de 2020


Nova resolución do 24 de marzo de 2020, da DXX polo que se complementa e desenvolve a resolución do 15 de marzo de 2020, na que se determinan os servizos mínimos esenciais na Administración de Xustiza como consecuencia da evolución epidemiolóxica polo COVID-19:
  1. O texto en cor AZUL indica os cambios respecto ao borrador de onte 24.3.2020
  2. O texto en cor VERMELLO indica os cambios respecto aos anteriores servizos mínimos establecidos pola DXX.

COVID 19: Servizos mínimos definitivos 24 de marzo de 2020



Resolución do 24 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se complementa e desenvolve a Resolución do 15 de marzo de 2020 na que se determinan os servizos mínimos esenciais na Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.

Nota informativa, horario dos servizos mínimos

18 de marzo de 2020


"publicado na intranet"

Vense de publicar na intranet  nota informativa: Horario do persoal que está a desempeñar os servizos esencias mínimos nas sedes xudiciais.

O horario de presenza do persoal funcionario dos corpos a o servizo da Administración de Xustiza será entre as 9.00 e as 14.00 horas, debendo publicitarse en cada sede este horario.


Servizos Mínimos: a Dirección Xeral de Xustiza amplía os servizos mínimos en Galicia

17 de marzo de 2020

"publicado na intranet"

Resolución de 17 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se amplían os servizos mínimos esenciais na Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.

Resolución 15/03/20 da DXX para os servizos mínimos nos xulgados galegos polo COVID-19

16 de marzo de 2020


Resolución de 15 de marzo de 2020, da DXX, pola que se determinan os servizos mínimos esenciais da Administración de Xustiza na CCAA de Galicia, como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus (COVID-19)

Publicación do DOGA dos servizos mínimos Folga 8M

1 de marzo de 2019

"Publicado no DOG"

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga. O exercicio deste dereito queda condicionado ao mantemento dos servizos esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño).

DOG: Orde deixando sin efecto os servizos mínimos

21 de maio de 2018

"Publicado no DOG"

ORDE do 18 de maio de 2018 pola que se deixa sen efecto a Orde do 5 de febreiro de 2018 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga indefinida a partir do día 7 de febreiro de 2018 nos centros de traballo da Administración de xustiza de Galicia.

Artigo único
Deixar sen efecto os servizos mínimos determinados mediante a Orde do 5 de febreiro de 2018, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 26, do 6 de febreiro), dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga indefinida a partir do día 7 de febreiro de 2018 nos centros de traballo da Administración de xustiza de Galicia.
Disposición derradeira
Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.