ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 25 de xaneiro de 2018 nos centros de traballo da Administración de xustiza de Galicia.
ligazón DOG
Polo tanto, considéranse SERVIZOS MÍNIMOS ESENCIAIS:
– Actuacións do Rexistro Civil.
– Rexistro de asuntos en que venza un prazo preestablecido por lei.
– Todas aquelas actuacións en que venza un prazo establecido na lei cuxo incumprimento poida supor unha perda de dereitos ou un prexuízo nestes.
– Medidas precautorias ou provisionais.
– Servizos de garda de xulgados, fiscalías e Instituto de Medicina Legal de Galicia.
– Xuízos orais na orde penal de causas con preso.
– As actuacións relativas á violencia de xénero nos xulgados de violencia sobre a muller, sexan ou non exclusivos.
SERVIZOS MÍNIMOS NOS CENTROS DE TRABALLO:
– Nas seccións penais e mixtas das audiencias provinciais e nos xulgados do penal: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 funcionario/a de auxilio por cada dúas seccións ou xulgados.
– Nos xulgados de menores: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.
– Nos xulgados de violencia sobre a muller: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a e 1 funcionario/a de auxilio.
– Nos xulgados de instrución de garda: o equipo de persoal que presta o servizo de garda.
– Nos xulgados de primeira instancia e instrución de garda: o equipo de persoal que presta o servizo de garda.
– Nas oficinas de fiscalías: 1 funcionario/a por cada oficina e os/as funcionarios/as que presten o servizo de garda.
– Nas subdireccións territoriais do Instituto de Medicina Legal: o equipo de persoal que presta o servizo de garda.
– Nos rexistros civís principais e delegados: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.
– Nas oficinas de rexistro e repartición e nos decanatos dos xulgados que realizan as ditas funcións nas cidades: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.
Etiquetas: 25X , DXX , folga , servizos mínimos