Os folguistas, dispostos a manter o paro indefinido na Xustiza o que faga falta

13 de febrero de 2018

"En galicia confidencial"


Actos reivindicativos no marco da folga da xustiza
Entroido reivindicativo onte en A Coruña

Sindicatos da Xustiza reafírmanse, na quinta xornada efectiva de folga indefinida, en que a proposta presentada pola Xunta na pasada xornada é "inaceptable" e sosteñen que "a pelota está no tellado" da Administración galega, que se "comprometeu" —aseguran— a analizar as demandas sindicais e a volver convocalos.

Nas asembleas informaron aos traballadores do resultado do último encontro e se lanzou a mensaxe de que "hai que aguantar".

En todo caso, desde distintas organizacións consideran que "non será difícil" posto que "a xente está moi, moi encabuxada" polo que interpretan como "unha continua tomadura de pelo" do Goberno galego.