Recollida de firmas contra a forma de impoñer o expurgo

1 de abril de 2014

Alternativas na xustiza galega
Deseguido publicamos un escrito de recollida de firmas contra a forma en que se está a realizar o expurgo.

A semana pasada realizouse en Pontevedra, no edificio da Audiencia, una asemblea sobre o Expurgo. Este mércores tera lugar a asemblea en Vigo. E tanto de acordo co decidido na asemblea de Pontevedra como na que se fará en Vigo, dende Alternativas, en primeiro lugar, xa se remitiu carta á Dirección Xeral de Xustiza esixindo solución ao problema creado coa forma e “maneiras” de realizar o expurgo. Para a vosa constancia, esta carta tamén foi remitida via fax a todos os xulgados. E en segundo lugar remitimos modelo de recollida de sinaturas a modo de protesta dos traballadores.

O antes posible intentaremos pasar polos Xulgados a recoller os escritos.




Sr. Director Xeral de Xustiza de Galicia
Praza de Europa nº 5- 4º Andar
Santiago de Compostela




D/Dª…………………………………………………………..con DNI nº………………. destinado en ………………………………………………………………………….,e Alternativas-Xustiza, por medio do presente escrito manifestamos a nosa rotunda oposición á forma e ás maneiras en que se está a realizar o expurgo, xa que:

1) Non se negociou “de xeito real” cos representantes dos traballadores a forma de realizalo.

2) A Dirección Xeral delega as súas funcións nos Secretarios Coordinadores asumindo estes competencias das que carecen, tales como dar ordes os traballadores da Administración de Xustiza ou ameazalos con expedientes disciplinarios, xa sexa de maneira directa ou a través dos Secretarios Xudiciais. Os funcionarios dependemos unicamente da Dirección Xeral.

3) Os traballadores están sendo obrigados a dedicar unha hora diaria –ou máis nalgúns casos- ao traballo do expurgo baixo a ameaza de expediente disciplinario. Polo tanto, se está a reducir nunha hora diaria –como mínimo- o tempo dedicado á tramitación dos expedientes e ao Servizo Público da Xustiza. Todo isto en prexuízo da cidadanía que verá como a “xustiza” aínda se atranca máis.

4) As medidas de reforzo que existen actualmente en certos xulgados se están a utilizar para os traballos de expurgo cando ditas medidas foron acordadas pola carga de traballo existente neses xulgados e para paliar o “atasco” dos mesmos.

Por todo o antes exposto solicitamos á Dirección Xeral:

1.- A creación de equipos de traballo para a realización de todas as tarefas e funcións derivadas da informatización dos arquivos, do transvase de expedientes dos arquivos de xestión aos arquivos territoriais –como son a elaboración da relación de expedientes a transferir- e do expurgo.

2.- Que a dotación de persoal dos equipos de traballo, a fagan mediante a creación de prazas de reforzo adscritas aos servizos de apoio ou decanatos ou mediante o sistema de prolongacións de xornada voluntarias e retribuídas.

3.-Que todos os membros dos equipos reciban a formación necesaria e axeitada ao labor a desempeñar.

Os traballadores que asinan este escrito, ante este novo ataque aoss nosos dereitos e mentres a Dirección Xeral de Xustiza non negocie unha saída a esta situación, manifesta o seu apoio as medidas de presión que dende Alternativas-xustiza -como delegados electos dos traballadores- se adopten.

..............................................................................................................................


Descarga do documento. Preme aquí